O libro Mil cousas poden pasar de Jacobo Fernández Serrano, Premio Merlín de Literatura Infantil 2009, será presentado o vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20,00 horas na Libraría Librouro (rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo. Participarán no acto Chus Pereiro, Helena Pérez e Jacobo Fernández Serrano.
Arquivos da etiqueta: Jacobo Fernández Serrano
Rosa Aneiros e Jacobo Fernández falan das obras premiadas nos Xerais (vídeo)
Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2009 (vídeo)
O xurado da 24 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.000 euros formado por: Rosana Estévez Pereira (contacontos e membro de Espazo Lectura), Santiago Gutiérrez (ilustrador), Mercedes Pacheco (tradutora), Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), Xan Guillén Vázquez (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou despois da súa última deliberación declarar por maioría como gañadora a presentada baixo o lema Papude que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I. Máis información, no blog de Xerais.