“A Feira Galega das Industrias Culturais terá unha nova edición endre os días 30 de novembro e 2 de decembro de 2012. Xulio Amigo, presidente da Asociación Culturgal, Sergio Lago, director do evento, e mais os tres principais patrocinadores do mesmo, Juan Carlos Fernández Fasero, director de Agadic; Anxos Riveiro, concelleira de Cultura de Pontevedra; e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, presentaron en Pontevedra a nova edición do evento. Está xa aberto o prazo para a solicitude. Segundo sinalou Amigo, os ingresos propios da feira medraron un 70% en 2011 a respecto da anterior edición. Nese sentido, asegurou que o evento “camiña cara ao autofinanciamento, co apoio dos seus tres patrocinadores principais”, aínda que recoñece unha diminución nas achegas dos patrocinadores para a xeira deste ano. Do mesmo xeito, tamén serán menos as achegas públicas ao evento.” Vía Cultura Galega.