“O domingo 12 de maio, ás 11:00 horas, na Libraría Internacional Passa Porta (Rue Antoine Dansaert), en Bruxelas, terá lugar a presentación do libro plurilingüe Passages, do Colectivo de poetas de Bruxelas.
En 2016-2017 o Colectivo de poetas d Bruxelas explorou para o seu proxecto Passages, a forza da expresión poética en varias culturas e comunidades que sobreviven en Bruxelas.
En particular, queriamos investigar nos parámetros que permiten que homes e mulleres chegados dende a distancia acepten a súa condición de emigrantes e, en moitas ocasións, as do exilio e como asumen a nova situación sen caer na desesperación ou o derrotismo. Pode ser a palabra poética a fonte de resistencia, dunha revolta alimentada de todo tipo de datos históricos que perviven en Bruxelas e que contribúen ao sentimento de comunidade? O libro Passages resume as etapas creativas desta procura, traballando coas comunidades Berbér, Turca, Grega e Sufí.
Lerán os poetas Taha Adnan, Adolfo Baberá del Rosal, Frank De Crits, Maarten Goethals, Geert van Istendael, Maky, Manza, Serge Meurant, Ramón Neto, Anne Penders, Xavier Queipo, Elke de Rijcke, Kader Sevinç, Silvia Vainberg e Bart Vonck. extractos dos capítulos (dedicados aos bereberes, turcos, sufís e gregos). O editor Leo Peeraer porá a disposición do público os primeiros exemplares do libro.”