O ciclo Escrita(s) 2013, coordinado por Claudio Pato, finaliza este ciclo de 2013 en Almáciga(s), na Travesa dos Basquiños, 14, de Santiago de Compostela. Dentro do programa (que pode ser descargado aquí: Escritas-2013), destacamos estes actos para o venres 18 de outubro:
– 18:00 h. Frankenstein: a construción da clase traballadora, por Álvaro Otero. O devir mercadoría de creacións estéticas revela unha forma de dominación realizada baixo o paradigma da industria cultural, cuxa finalidade é a apropiación mercantil completa do individuo: a domesticación do seu desexo e a produción en masa de desexos imposibles de satisfacer, a reorientación da súa atención, a redefinición do seu corpo, a percepción de si mesmo e da realidade, a remodelación da súa linguaxe, a reestruturación da súa sensibilidade e da súa valoración.
– 20:30 h. Xtreaming, por A. Argibai e M. Otxoteko. Sesión audiovisual que inclúe 3 curtametraxes experimentais de A. Argibai e M. Otxoteko nas que se interpretan os marcos de guerra como marcos de creación audiovisual cooperativa.