“Micropremios son un pack de dous concursos de baixa dotación que ten como finalidade a busca de novos talentos para integrar contidos na nova temporada da revista Búsola.
As bases son moi sinxelas:
– Na modalidade de relato enviarase unha historia que teña título e que poida ser inserida no xénero fantástico, entendido como argumento cun tempo na trama de insólito, marabilloso aínda que na resolución que debe ser autoconclusiva teña un explicación final lóxica ou racional. Por tanto comprende ciencia ficción, terror, espada e bruxería, en definitiva relatos que teñan elementos no seu corpo de maxia, sobrenatural, irreal.
Extensión 4 páxinas como mínimo 10 como máximo, escrita en Times New Roman, 12, interlineado 1,5 en arquivo doc ou compatible.
Participantes, galegos ou residentes en Galicia, maiores de 18 anos e menores de 30 anos.
Prazo, dende esta publicación ata o 31 de maio as 23:00.
Texto escrito en galego e enviado xunto con folla de datos persoais e fotocopia de DNI, enviado a susorubio@gmail.com
A dotación correspondente son 80 €, a mesma cifra que cobrarán todos os autores/as na nova Búsola na primeira colaboración, ademais da publicación da obra na revista física.
– Na modalidade de ilustración, o tema será elaborar un cartel de cine que verse sobre películas, reais ou inventadas que se insiran no xénero fantástico arriba explicado.
O tamaño da obra será A4 ou A3, tanto vertical como horizontal en formato jpeg ou tiff a 300 ppp que non sexa superior no seu tamaño a 5 MB.
Igualmente rexe a mesma condición arriba explicada en prazo, requisitos de participante, envio ao mesmo e-mail, unha ilustración como mínimo 3 como máximo.
O mesmo no aplicable a dotación 80 € e publicación na revista física de Búsola correspondente a 2014. Os textos na ilustración (de habelos) serán en galego.
As obras das dúas modalidades deber ser inéditas, non publicadas nin en papel, nin dixitalmente.
O fallo será publicado na web de Búsola e fallado polo Consello de Redacción da Revista.