O domingo 6 de setembro, ás 12:00 horas, dentro das Festas Monte Alto 2015 da Coruña, o Colectivo Poético-Literario “In Nave Civitas” fará un roteiro que sairá da Praia Santo Amaro e percorrerá todos os recunchos da costa da Torre, para dar a coñecer os nomes e historias das súas pedras, furnas e lugares. Tamén será unha homenaxe ao histórico percebeiro coruñés e veciño do Barrio, Milucho Mariñas.
Previamente, o venres 4 de setembro, sobre as 19:30 horas, no Campo de Marte, lerán o pregón das festas Xosé Iglesias e Teresa Ramiro.