Do 19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o venres 6 de maio:
– 18:30 h. Voces galegas. Conferencia de Miguel Anxo Fernán-Vello. Federación de Asociaciones Gallegas de Argentina.
– 19:00 h. Un futuro para a literatura galega. Coloquio con Xavier Queipo e Diego Ameixeiras. Stand.
– 19:30 h. Presentación do libro-CD O viravai (Galaxia). Teatro Valle-Inclán do Centro Galicia.
– 20:30 h. Cociñando con Benigno Campos (Galaxia). Presentación do libro co autor acompañado por Nelly Espiño, Carlos Brandeiro e Xavier Alcalá. Sala Leopoldo Lugones (Pavillón amarelo).