CEDRO alerta de que a Intelixencia Artificial podería estar usando obras pirateadas de 41.000 autoras/es do Estado

Desde Efe:
“CEDRO identificou case 50.000 títulos editados no Estado, correspondentes cando menos a 41.000 autores/as e 1.100 editoriais, que poderían estar usándose para alimentar modelos de Intelixencia Artificial.
CEDRO baséase nun informe publicado en setembro de 2024 pola Danish Rights Alliance, organización danesa que defende os dereitos de autoría en internet, segundo o que o sitio pirata Libgen foi usado como fonte de contido para adestrar modelos de IA desenvoltos por empresas como Meta (LLaMA) e OpenAI (ChatGPT).
A organización danesa, que co seu informe buscaba demostrar a importancia de obrigar as empresas a seren transparentes coas súas fontes, obtivo esa información a partir de documentos e declaracións feitos públicos no marco dos procedementos xudiciais abertos en Estados Unidos contra as principais empresas tecnolóxicas implicadas. (…)”