Convocatoria do Premio de Oratoria Filomena Dato 2025

Desde a Asociación Lisístrata:
“Pola presente convócase o Premio de Oratoria Filomena Dato 2025, nacido o ano 2019 para a participación do alumnado dos diferentes ciclos de Ensino e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión –poética, narrativa e discurso– do Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe á “poeta das Mariñas”, un dos escasos referentes da literatura feminina e feminista do S. XIX e a segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.
A inscrición farase no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar aquí mesmo.
O tema deste ano será: “Mansplaining”, no verán de 2020 convidamos á Real Academia Galega a que inclúa este termo no seu diccionario, e aproveitamos a ocasión para reiterar a petición. Como novidade e a partir deste ano engádese “Tenzón” (para tentar recuperar esta composición) xunto con poesía, narrativa e oratoria, podendo cada persoa participar nunha ou nas dúas opcións da súa categoría correspondente.
O prazo de inscrición é ata o 24 de febreiro. A entrega de premios terá lugar en Arteixo e farase coincidir co Dia Internacional da Muller, 8M ás 12:00 h. no lugar que se comunicará oportunamente.”

Acto de entrega do I Premio de Oratoria Filomena Dato

“O pasado ano 2019 a Asociación Cultural Lisístrata convocaba o I Premio de Oratoria Filomena Dato para o alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio, coa intención de promover o Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe a Filomena, un dos escasos referentes do feminismo do S. XIX e segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.
Este premio, o primeiro que leva o nome da “poeta das Mariñas” e que nesta primeira edición ten como tema a sororidade, terá o seu acto de entrega o domingo 26 de xullo ás 12:00 h. no Anfiteatro do Concello de Arteixo. Será un acto axustado ao protocolo Covid que consistirá nunha breve presentación, entrega de premios as persoas gañadoras, que expoñerán o seu traballo ante o público e como colofón a obra de Filomena soará na voz de Ana Hermida.”