O tribunal do xurado do XV Premio Ferro Couselo, presidido por José María Bello Maneiro, Alcalde–Presidente do concello de Valga; e formado por Fernando Acuña Castroviejo, catedrático de Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela; Marcial Gondar Portasany, catedrático de Antropoloxía da Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela; Xulio Rodríguez González, facultativo do Corpo Superior de Museos; Pegerto Saavedra Fernández, catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela; Pablo Sánchez Ferro, membro do Corpo facultativo de Arquivos e neto de Xesús Ferro Couselo; e José Ramón Rial Becerra, como secretario, vén de facer público os gañadores da edición deste ano. Na primeira modalidade, para traballos de investigación de ámbito galego, recaeu na obra presentada baixo o lema O penedo Amarelo, e que corresponde á coruñesa María de los Ángeles Verea Castelo e o título do traballo Estudo das migracións estacionais dos telleiros do Baixo Miño. 1750-1900). Na segunda modalidade, consistente nunha bolsa para proxectos centrados en estudos históricos sobre Valga, foi para o proxecto presentado baixo o lema Os cabaqueiros e que corresponde ao vigués Alejandro Fernández Palicio e o título do proxecto O Patrimonio Industrial de Valga. As telleiras e as fábricas de Cerámica. O xurado, asímesmo, outorgou unha mención especial as obras presentadas á primeira modalidade baixo o título Isidro Parga Pondal: as redes de coñecemento científico e Emigrados galegos a Portugal durante a guerra civil e a posguerra, pola enorme calidade de ámbolos dous traballos.