O sábado 10 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa-Museo Manuel María, en Outeiro de Rei, preséntase unha nova edición de Remol, de Manuel María. No acto estará presente Margarita Ledo Andión, que escribiu o prefacio da nova edición deste libro.
Despois da presentación, ás 19:00 horas, a narradora oral Soledad Felloza levará a cabo un espectáculo, dirixido para público adulto, baseado en textos narrativos de Manuel María.
A entrada para estas actividades é libre, mais con reserva previa que haberá que realizar a través do correo electrónico contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no teléfono 698177621, xa que para manter as medidas preventivas da COVID-19 o número de prazas é reducido.