
O domingo 1 de febreiro inaugúrase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten como tema central o amor. A axenda cultural da AELG irá adiantando día a día as actividades máis salientables do Salón.

O domingo 1 de febreiro inaugúrase o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano ten como tema central o amor. A axenda cultural da AELG irá adiantando día a día as actividades máis salientables do Salón.
Fina Casalderrey é a autora homenaxeada no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que comeza o próximo domingo 1 de febreiro. Mutacións xenéticas, Quen me quere adoptar? ou A lagoa das nenas mudas son algúns fitos na carreira dunha escritora que conta entre os seus premios co Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de 1996 pola obra O misterio dos fillos de Lúa.
Fina Casalderrey foi a encargada de facer a laudatio do autor ao que se lle rendeu tributo na anterior edición do Salón do Libro, Xabier P. Docampo. Poden ver o vídeo desa intervención neste enderezo.
Consultade aquí o programa do Salón do Libro de Pontevedra.
«Despois da primeira votación entre as candidaturas presentadas ao Premio Francisco Fernández del Riego á colaboración no labor editorial do ano, co que se pretende recoñecer o traballo realizado por unha persoa, colectivo de persoas, entidade ou institución das que colaboran co sector editorial ou que participan na promoción do libro editado en lingua galega resultaron finalistas as seguintes candidaturas: o programa de Radio Galega “As quimbambas”, Protexta da revista “Tempos Novos”, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e a Sección de Cultura do xornal “Galicia Hoxe”. Trala derradeira votación resultou gañador o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.» (AGE)