“A
conmemoración de Celso Emilio Ferreiro é dobre ao longo deste ano. Dunha banda está o centenario do seu nacemento, e doutra, o 50.º aniversario do que é o seu libro máis universalmente coñecido, Longa noite de pedra. Auga Editora e mais a Secretaría Xeral de Cultura presentaron a que será primeira das traducións deste libro que se editarán ao longo deste ano. Esta primeira edición, en galego e mais en castelán, é un libro «coidado e rigoroso» co fin de ampliar lectores para o escritor de Celanova. Nos vindeiros meses, dúas novas edicións bilingües achegarán esta obra a outros públicos. Unha delas, galego-inglés, que se publicará dentro da colección Galician Classics da propia Xunta de Galicia. A outra compartirá galego e francés e aparecerá no catálogo de Editions L’Harmattan. Este achegamento da obra de Celso Emilio Ferreiro a outros idiomas estará respaldado por algunhas actividades de difusión, como será a presentación do volume na Feira do Libro de Bos Aires e a doazón de exemplares para a sección de galego da biblioteca desa cidade. (…)” Vía La Voz de Galicia.
Arquivos da etiqueta: Secretaría Xeral de Cultura
Anxo Lorenzo é o novo secretario xeral de Cultura
“A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria xa ten estrutura e xa se coñecen algúns dos nomes designados tralo cambio de goberno. As competencias de Cultura que se adscribiron a este departamento terán a Anxo Lorenzo (Vigo, 1964) como o seu máximo responsable. O que foi o secretario xeral de Política Lingüística asume agora o reto de xestionar a política cultural da Xunta. A súa secretaría xeral perde a dirección xeral de Libro, Bibliotecas e Arquivos creada hai xusto un ano (que substituía á de dirección e promoción cultural) e queda só cunha dirección xeral, a de Patrimonio Cultural. O decreto, publicado no DOG o xoves 5 de xaneiro, establece tamén que a Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais, segue adscrita a este departamento.” Desde Cultura Galega, onde tamén se recollen declaracións súas.