Creación polo rural – Anpas #somosrural

“Desde a Confederación Anpas Galegas vimos loitando dende fai anos polo mantemento dos colexios no rural con todo o que isto implica; o garante da vida no rural, da difusión cultural, da conservación das tradicións, da paisaxe e sobre todo, co garante do dereito das nenas e nenos a un ensino de calidade, vivan onde vivan.
Todo isto faise cada ano más difícil. O despoboamento do rural fica imparable, ainda que isto non debera afectar os dereitos fundamentais.
Temos claro que a pervivencia do rural ou a súa desaparición e cousa de todas e nós, en calquera caso, queremos e debemos seguir poñendo voz ás familias do rural.
Hoxe en día, dadas as extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, o mellor xeito para divulgar as nosas inquedanzas e reivindicacións parécennos as redes sociais. Por iso pensamos en facer unha campaña virtual: “Somos rural” (#somosrural), para a que solicitamos a vosa colaboración. Consiste en publicar unha serie de relatos, textos breves ou poemas relacionados co rural e tamén a imaxe dun cadro,un debuxo mesmo unha fotografía no mesmo contexto.
Si estades dispostos a colaborar connosco, pedímosvos permiso tanto para esa divulgación nas redes como para, talvez, editar un libro recompilando todas as obras desta campaña.”
O enderezo de entrega é fapacel@gmail.com.