Desde Rinoceronte Editora:
“Ante a situación actual de estado de alarma e crise polo Covid-19, ofrecemos unha serie de recursos para que quedar na casa sexa máis levadeiro. Iremos publicando diferentes ofertas, así que prestade atención!”
Arquivos da etiqueta: Tradución
A Xunta provoca que os tradutores abandonen o galego polo catalán
«O abandono das axudas da SXPL da Xunta á tradución provoca que profesionais con dez anos de experiencia decidan dedicarse ao mercado do catalán. […]» (O levantador de minas)
O Ministerio de Cultura subvenciona con 800.000 euros a tradución de libros en castelán
O Ministerio de Cultura dedicará en 2009 un total de 800.000 euros para a tradución a linguas estranxeiras dun total de 213 obras publicadas en castelán (…) Unha Comisión de Valoración, presidida polo director xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas, Rogelio Blanco, foi a encargada de conceder devanditas axudas ás editoriais que, en total, traducirán 213 obras escritas en español, segundo fontes oficiais. [Ler artigo completo en Xornal de Galicia]
A Consellería de Cultura prescinde este ano das axudas para tradución
O temor dos editores tiña fundamento. Logo de varios meses de demora sobre a data prevista inicialmente, a Consellaría de Cultura vén de confirmar que este ano non haberá axudas á tradución de libros. Nin se recortan, como aconteceu coas dos grandes proxectos editoriais, que baixaron un 25%, nin se modifican, como está a acontecer con outras políticas herdadas do goberno bipartito. Por primeira vez nos últimos cinco anos, non se convocarán. [Ler artigo completo en Xornal de Galicia]