O xoves 21 de outubro, ás 20:00 h., no Liceo de Ourense, Xosé Carlos Caneiro presenta a súa nova novela, Un último destino, publicada por Galaxia. No acto estará acompañado por Víctor F. Freixanes.
Arquivos da etiqueta: Un último destino
A Coruña: programa do xoves 5 de agosto na Feira do Libro
19.00 h. Presentación da colección de libros infantís Rodribico, publicada por Baía Edicións. Participan no acto Manuel Guisande, autor dos textos, Xosé Tomás, autor das ilustracións e o debuxante Siro López.
19.00 h. Manuel Rivas asinará exemplares do seu libro Milú, publicado por Kalandraka Editora. Tamén asinará exemplares do seu libro Todo ben, publicado por Xerais, e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Xosé Carlos Caneiro presentará o seu libro Un último destino, publicado por Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Víctor F. Freixanes e Xosé Luis Vilela.
21.00 h. Presentación do libro Intersecciones, de Pablo de Aguilar González, publicado por editorial Inéditor. Xunto co autor, participará no acto o escritor Juan Mariñas.