Barcelona: Foro Edita Barcelona, os 6, 7 e 8 de xullo

OsEdita Barcelona días 6, 7 e 8 de xullo, o Gremi d’Editors de Catalunya e o Máster de Edición da Universitat Pompeu Fabra organizan o Foro Edita Barcelona, un encontro entre os profesionais do sector editorial e da universidade para compartir inquedanzas e retos desde unha perspectiva global e cun enfoque profesional e práctico.

Barcelona: coloquio internacional As relaciónS entre As literaturAs ibÉriCAs

RELIBE
Coloquio internacional sobre as relacións entre as literaturas ibéricas (Barcelona, 18-20 de xuño 2009)

O Grupo de investigación, tradución, recepción e literatura (Universitat Pompeu Fabra) e o Grupo de investigación consolidado TRELIT~Tradución e recepción das literaturas (Universitat de Barcelona) organizan o Coloquio internacional sobre “As relacións entre as literaturas ibéricas, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xuño de 2009 na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade Pompeu Fabra.

O coloquio pretende analisar estas relacións desde unha perspectiva comparada e arredor dos seguintes eixos ou liñas:

· Tradución entre as literaturas ibéricas
· Autotradución (entre linguas ibéricas)
· Presenzas e interaccións entre as literaturas ibéricas
· Recepción comparada da literatura extranxeira nas literaturas ibéricas
· Recepción comparada de literaturas ibéricas nun ámbito literario extranxeiro

Aparte das liñas e eixos enunciados, o Comité científico poderá tomar en consideración outras propostas.

As persoas interesadas en participar no coloquio poden enviar un correo electrónico antes do 31 de maio de 2008 á direción: relibe@upf.edu.

O Comité organizador do coloquio remitirá aos interesados información complementaria a partir do 1 de xuño de 2008.
Outras datas de interese:
30 de setembro de 2008: data límite para o envío de propostas de comunicación segundo as especificacións que se farán públicas coa debida antelación.
2 de novembro de 2008: notificación aos interesados da aceptación da propuesta.

Comité organizador
Enric Gallén: enric.gallen@upf.edu
Francisco Lafarga: lafarga@ub.edu
Luis Pegenaute: luis.pegenaute@upf.edu
Secretaría: relibe@upf.edu