A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, dentro das actividades arredor do día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, organiza as I Xornadas De Rosalía de Castro a nós. Unha análise dos cambios impulsados polas mulleres galegas desde os tempos de Rosalía. Nelas, a través do pensamento e da obra rosaliana abordaranse moi diversos temas que afectan directamente ás mozas galegas a día de hoxe como a situación laboral, a violencia de xénero, a memoria histórica das mulleres ou a resposta ante as políticas regresivas por parte da Xunta de Galiza. As mesmas terán lugar os vindeiros 17, 18, 31 de marzo e 1, 2 de abril en Santiago de Compostela. Todas as sesións serán no Salón de Actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida de Xoan XXIII, s/n.) agás o día 2 de abril que serán na Libraría Couceiro, na Praza de Cervantes. Aquí pode ser consultada toda a información.