Arquivo da categoría: Audiovisual
Francisco Castro fala sobre Tes ata as 10
Antón Dobao fala sobre As ilusións estrañas
<p align="center">
Alberto Ramos fala sobre Máscaras rotas para Sebastian Nell
Maceda: homenaxe nacional a Francisco Carballo, o sábado 27 de decembro
Desde Sermos Galiza:
“(…) A homenaxe do 27 de decembro terá lugar no Salón Multiusos de Maceda ás 17:00 horas, e está organizada polo Concello de Maceda. Ademais do alcalde Xabier Oviedo, intervirán o portavoz nacional do BNG -organización na que militou desde a súa fundación- Xavier Vence, o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez Iglesias, o presbítero Manuel Peleteiro, o ex-alcalde de Maceda Bieito Seara, a súa sobriña Milagros Calvo máis o editor e xornalista Xan Carballa e o investigador Santiago Prol, autores do libro de conversas con Francisco Carballo publicado por A Nosa Terra, xornal e editorial ao que estivo intensamente vinculado. Na homenaxe ademais de diversas actuacións musicais proxectarase o vídeo “Francisco Carballo, sempre no corazón”, no que se recollen imaxes e intervencións. Á homenaxe pódense adherir entidades, organizacións e persoas que deberán comunicalo ao Concello de Maceda para seren reseñadas no acto. (…)”
Lugo: O Pazo das Musas (2004-2014). 10 anos de inspiración
A Coruña: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval e proxección de Cortázar Galicia
Compostela: proxección de Morreu o demo. Acabouse a peseta, no Museo do Pobo Galego
O xoves 11 de decembro, ás 19:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), proxectarase o documental Morreu o demo. Acabouse a peseta, que leva por distintas rutas dos títeres europeos de luva até chegarmos as raíces do títere galego máis popular: Barriga Verde.
Esta proxección do documental, realizado por Pedro Solla, forma parte das actividades paralelas que acompañan a exposición temporal De feira en feira, que pode ser visitada no Museo até o 11 de xaneiro.
Crónica videográfica do VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os, recital poético
O VIII Encontro de Escritoras/es Novas/os tivo lugar o sábado 8 de novembro no espazo Cubo da Normal (Paseo de Ronda, 47, A Coruña), contando co apoio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a colaboración de Normal (Espazo de intervención cultural da UDC).
Esta é a crónica videográfica do recital poético co que finalizaron as mesas redondas da xornada, coa participación de Berta Dávila, Mario Regueira, Gonzalo Hermo, Rosalía Fernández Rial e Samuel L. París, presentados por Alicia Fernández:
– Recital de Rosalía Fernández Rial.
– Recital de Mario Regueira.
– Recital de Gonzalo Hermo.
– Recital de Berta Dávila.
– Recital de Samuel L. París.
Vigo: presentación de Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá
O venres 28 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel de Vigo (Avenida das Camelias, 102), preséntase Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, publicado en Laiovento. Despois da presentación, onde participan Manuel F. Vieites e o autor, representarase o espectáculo La vie en rose, dirixido por Lina Pérez, coa actuación de Jorge de Arcos e Germán Álvarez e os audiovisuais de Ernesto Is.