Arquivo da categoría: Bibliotecas
Gondomar: sesión de Espazo Lectura con Xosé Henrique Rivadulla Corcón
O
sábado 16 de febreiro, ás 12:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, Espazo Lectura celebra a sesión mensual do club de lectura compartida Lendo Contigo. O libro proposto para que os nenos e nenas lesen coas súas familias durante este mes foi O elefante dunha soa orella, do escritor coruñés Xosé Henrique Rivadulla Corcón. O autor estará na biblioteca para conversar sobre a súa obra cos nenos e nenas que participen. A asistencia á actividade é gratuíta.
Muxía: Fina Casalderrey na Galería de Mulleres no mes de febreiro
O
Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…., repartíndose cartaces e indicacións para informarse sobre ela ou acceder á súa obra. Con cada muller reséñanse os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma. Este mes de febreiro centrarase en Fina Casalderrey.
A Coruña: doazón de Natalia Gómez González á Real Academia Galega
O
venres 25 de xaneiro, ás 12:30 horas, no salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11), na Coruña, o acto de doazón por parte de Dona Natalia Gómez González, viúva de Xosé Antón Arjona Santiago, da súa biblioteca, de diversa documentación e doutros bens da súa propiedade. Estarán presentes Natalia Gómez González e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Vigo: encontro con Francisco Castro
O
mércores 24 de outubro, ás 12:00 h., na Biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo celébrase o Día da Biblioteca cun encontro co escritor Francisco Castro, actividade dirixida aos Centros de Ensino.
A Coruña: Xulia Alonso falará sobre Futuro imperfecto
O
mércores 24 de outubro, ás 18:30 horas, no club de lectura Os Rosales (Biblioteca Municipal dos Rosales) da Coruña, Xulia Alonso visitará o clube de lectura para falar cos lectores do seu libro Futuro imperfecto.
Ribadeo recibiu unha doazón de máis de 6.300 libros e 900 revistas do dramaturgo e escritor Daniel Cortezón
“O
Concello de Ribadeo acaba de recibir unha doazón de máis de 6.300 libros e 900 revistas, dos fondos do dramaturgo e escritor ribadense Daniel Cortezón, seguindo así as indicacións que él fixo antes do seu pasamento hai tres anos. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, subliña que deste xeito a biblioteca municipal de Ribadeo se converte nunha das máis importantes da provincia. O rexedor dixo que “cúmprense tres anos do pasamento de Daniel Cortezón e este persoeiro, xa en vida, deixou dito que precisamente moita da súa formación intelectual, moita da súa formación autodidacta foi adquirida das lecturas dos libros da biblioteca pública El Viejo Pancho de Ribadeo, e dixo que unha grande parte da súa colección de libros, que foi mercando, adquirindo e recollendo, quería que pasasen a engrosar os fondos da propia biblioteca El Viejo Pancho, como eterno agradecemento a Ribadeo por tela disfrutando cando era novo”. Suárez Barcia explicou que “a súa viúva fíxonos entrega xa ao longo destes últimos tempos, pero a semana pasada documentamos a través dun acta de doazón, unha primera remesa de volumes. Son 6.385 libros e 907 revistas. Moitos son en galego, en castelán, en portugués, catalá, francés sobre diferentes temáticas. Agora máis para adiante virán máis libros do que foi a obra de Daniel Cortezón e unha colección de libros das Figueiras, de Castropol, de Ribadeo, da Veiga, do que él chamaba Comunidade cultural da ría. Iso tamén virá máis para adiante”. (…)”. Desde Crónica 3.
Bibliotecas de Oleiros: Lecturas para ti: guía de recomendacións para este verán
Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron unha guía con 278 recomendacións de libros, DVD e CD titulada Lecturas para ti, na que se presentan recomendacións de obras que emocionan, divirten, entreteñen, informan, instrúen ou fan pensar; que invitan a coñecer mellor a nosa cultura ou outras diferentes; bos libros para ler, analizar ou mirar; películas ou discos para gozar e compartir. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Os obxectivos que desexamos conseguir son: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo. (…)” Desde o blogue das Bibliotecas Municipais de Oleiros.A Coruña: Lecturas compartidas de Valentín Paz Andrade nas Bibliotecas Municipais
Muxía: Xela Arias na Galería de Mulleres no mes de maio
O
Concello de Muxía continúa coa iniciativa da Galería de Mulleres, onde se destaca cada mes o labor dunha muller no mundo das artes, as letras, a ciencia, etc…., repartíndose cartaces e indicacións para informarse sobre ela ou acceder á súa obra. Con cada muller reséñanse os libros a disposición do/a usuario/a na Biblioteca da Muller, integrado dentro da Biblioteca Municipal do Concello de Muxía, escritos por ela ou que fagan referencia á mesma. Este mes de maio centrarase en Xela Arias.
