I Xornada da Crítica Galega, da AELG

A I Xornada da Crítica, que a Aelg organiza en colaboración co Consello da Cultura Galega, desenvolverase nas instalacións do Consello o día 21 de setembro de 2007. O programa pode consultarse na web da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Conferencias de Ignacio Ramonet e Ramón Chao en Redondela e Lugo

Redondela (no Multiusos da Xunqueira) o xoves 21 e Lugo (no Centro Sociocultural da Fundación Caixa Galicia, Pza. de Santa María) o venres 22, serán os escenarios nos que Ignacio Ramonet e Ramón Chao falen sobre “A guerra e a paz hoxe. Xeopolítica dos conflictos contemporáneos” e máis sobre “A guerra contra os pobres”, en conferencia conxunta. Será dentro do ciclo “Os latexos do mundo”, levado a cabo neste primeiro semestre do ano polo Club Internacional de Prensa coa colaboración de Le Monde Diplomatique.

Conferencia de José Braga-Amaral na Coruña

O martes 22 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda de Coruña (Olmos, 16-18, 1º), terá lugar a conferencia a cargo do escritor portugués D. José Braga-Amaral, que falará d´”O mesmo sol, a mesma terra, a mesma língua, dois escritores irmãos da Galiza: Miguel Torga e João Araujo-Correia”.