II Premio Diario Cultural de Teatro

«A Consellaría de Cultura e a Radio Galega presentaron este luns a II edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, co fin de retomar a tradición das representacións teatrais a través das ondas cunha renovada perspectiva contemporánea. O fomento da escrita de textos dramáticos para a radio é outro dos obxectivos principais desta iniciativa, que pretende tamén facilitar o diálogo entre autores e medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega e promover o encontro entre a audiencia.» Bases. (Vieiros)

Actos do “Premi Born de Teatre”

O día 21 de abril, ás 12:00 horas no Salón de Actos do Centro Dramático Galego (Rúa Nova, 34 – Santiago de Compostela), terá lugar a presentación das bases do XXXII Premi Born de teatro.

A xornada tamén albergará a presentación da edición de Origami, obra gañadora do Premi Born de Teatre 2006. Contará coa participación de Carlos Be (autor), Pepe Henríquez (redactor “en Cap” da revista Primer Acto), Antón Lamapereira (Director da RGT) e Raúl Dans, dramaturgo e gañador do Premi Born de Teatre 1997. (Premi Born de Teatre)

 

Premios literarios no ámbito dramático

“O DOG nº 44, de 2 de marzo, publicou a nova convocatoria para 2007 do XVI Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais, do II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil, e do V Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Títeres (modalidades de rapaces e de adultos). O prazo de recepción de orixinais para os tres galardóns remata o próximo 31 de maio.” (IGAEM)