“Gadis repartirá entre os seus clientes oito mil exemplares da novela xuvenil O xabaril branco, unha historia escrita por Tucho Calvo e ilustrada por Miguelanxo Prado. Nos establecementos que a cadea de alimentación ten en León distribuirase a tradución ao castelán do libro. Gadis quere así fomentar a lectura entre os máis novos, e regalará o libro a todos aqueles que fagan unha compra superior aos 30 euros ata que se acaben as existencias da novela.” (La Voz de Galicia)
Arquivo da categoría: Edición
John Rutherford recibe o Premio Trasalba 2007
(Vieiros)
Nº 10 d’ “O pazo das musas”
O xoves 28 de xuño presentarase o número 10 d’ O pazo das musas, revista oral de periodicidade trimestral editada polo Museo Provincial de Lugo. Será ás 20:00 horas no Refectorio do Museo Provincial de Lugo.
Lois Diéguez presenta en Sarria “O canto do muecín”
O escritor Lois Diéguez presenta o día 22 xuño (venres) ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Sarria, O canto do muecín, a súa última novela (A Nosa Terra). Na presentación o autor fará un itinerario por distintos textos da novela a través de imaxes, música e lecturas nunha montaxe do grupo poético Círculos Líticos; contará coa participación da presidenta da A. C.Peleriños Milagros Núñez e os escritores, profesores e profesoras, e técnicos de imaxe: Isidro Novo, Antón Fortes, Mario Núñez, Divina Fernández e Camilo Santos. Desde as 18:30 horas o autor estará na Casa da Cultura para a asinatura de libros.
Presentación en Compostela do nº 1 da revista “Roteiros. Arumes de pensamento crítico”
A presentación do Nº 1 da revista Roteiros. Arumes de pensamento crítico terá lugar na Galería Sargadelos de Compostela (Rúa Nova, 16) o xoves 21 de xuño ás 20:00 horas. No acto intervirán os membros do Comité de redacción da revista Isidro García Tato e Moisés Lozano Paz. Está organizada por 3C3 Editores e Asociación Cultural de Pensamento Filosófico.
A FNAC abre n’ A Coruña a primeira tenda
“A distribuidora francesa de cultura, ocio e tecnoloxía Fnac abrirá hoxe na Coruña a súa primeira tenda en Galicia. A cantante de Madredeus, Teresa Salgueiro, e o autor multimedia Antón Reixa apadriñarán a inauguración do local, situado na praza de Lugo.” (Galicia Hoxe)
Axudas á edición de grandes proxectos en galego
Novo sitio web da Rede de bibliotecas de Galiza
30 Millóns para o fomento da lectura
Presentación n’ A Coruña de “Punver”, de Yolanda Castaño
Mañá sábado día 16, ás 12:30, preséntase Punver, o último libro da escritora Yolanda Castaño. Será na Biblioteca Municipal Infantil Xuvenil (r/ Durán Loriga, 10 – baixo), “nun acto aberto a todo o público interesado, en especial aos máis pequenos, a partir de 3 anos. A actividade está pensada coma un contacontos moi participativo a cargo de Yolanda Castaño, seguido dun obradoiro de pintura no que os nenos e nenas poderán gozar con Punver da man do ilustrador Eduardo Hermida.”