O
luns 24 de marzo, ás 11:00 horas, na Insua dos Poetas (Esgueva, Madarnás, O Carballiño), celébrase o Día da Poesía, nun acto coorganizado pola Fundación Insua dos Poetas e o Centro PEN de Galicia, e patrocinado pola Consellería de Cultura, Consellería de Medio Rural e Mar e a Deputación de Ourense. O programa é o seguinte:
– Un alumno/a de cada un dos centros escolares presentes lerá un poema de Nimbos, de Xosé María Díaz Castro.
– Intervirán: Víctor F. Freixanes, Luís González Tosar, Xesús Alonso Montero, Tomás Fernández Couto, Xesús Vázquez Abad e Manuel Baltar.
– Entrega de lotes de libros aos profesores dos centros de ensino presentes.
– Ofrenda floral no monumento Nimbos de luz.
– Plantación de árbores a cargo dos alumnos, profesores, escritores, xornalistas e autoridades.
Arquivo da categoría: Literatura e ensino
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Carlos Casares de Vigo do seguinte xeito:
“1) Graffiti no muro que arrodea o centro con motivos alusivos a Rosalía.
2) Dous recitais con poemas de Rosalía:
– 1º ciclo da ESO.
– 2º ciclo: poemas recitados e/ou rapeados por grupos ao unísono e ao final recitado ao unísono por ciclos de Adiós ríos….”
Vilagarcía: celebración do Día da Poesía cunha dramatización de poemas de Rosalía de Castro
Desde
Noticieiro Galego:
“A Biblioteca Pública Rosalía de Castro celebra mañá, 21 de marzo, o Día da Poesía, organizando unha actividade que tamén servirá de colofón aos actos programados con motivo da conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Será a través dunha dramatización de poemas da autora de Cantares Gallegos que correrá a cargo de Ana Hermida e á que asistirá un grupo de alumnos de 3º da ESO. Coincidindo co Día da Poesía clausúrase a exposición sobre Rosalía que se puido visitar na Biblioteca nas últimas semanas. (…)
Segundo a intérprete, Ana Hermida, este espectáculo pretende amosar unha Rosalía actual, como os temas que ela trata, tan vixentes hoxe en día. A relación cos homes, a defensa da muller, da súa terra… O desexo e ansias súas polo teatro “eu quería ser actriz e non me deixaron”. Unha Rosalía, a veces divertida, outras reivindicativa, dura. Unha muller interpretando a outra muller. Poemas, e algunha canción para honrar a nai da nosa terra. A peza baséase integramente en poemas de Rosalía e Miguel Anxo Fernán -Vello. (…)”
Crónica posterior en Faro de Vigo.
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XIV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Alfredo Brañas de Carballo, do seguinte xeito:
“O luns 24 de febreiro, o Equipo de Dinamización Lingüística organiza un acto en conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro. Consistiu nun recitado de poemas de Rosalía por alumnos (en varios idiomas), pais, profesores e persoal de administración; haberá tamén a proxección dun documental, música e canto. Preme aquí para ver o programa completo.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XIII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Universidade Laboral de Culleredo con estas actividades:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XII)
O Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Salvador de Madariaga da Coruña deste xeito:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XI)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES María Sarmiento de Viveiro coa participación no graffitiRosalía o luns 24 de febreiro.
No IES O Couto de Ourense, temos estas fotografías das actividades realizadas:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (X)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES de Rodeira, Cangas, do seguinte xeito:
“Colocáronse paneis no enreixado exterior do instituto. Un alumno de Bacharelato que é grafiteiro pintou con sprais o nome de Rosalía a primeira hora do 24 de febreiro e logo foi baixando o alumnado de todas as aulas da ESO para pintar con ceras un par de versos dun poema (distinto en cada aula) que previamente traballaron na aula e que recitaron completo.”
Lugo: presentación do Grupo Literario Leiras Pulpeiro
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (IX)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES A Sangriña, da Guarda, do seguinte xeito:
“Comezaron as actividades desde o día 21 (cartaz adxunto), e o 24 de febreiro, recital de Lucía Aldao e María Lado.”










