O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Valle Inclán de Pontevedra do seguinte xeito:
“Varias alumnas colaboraron no deseño duns graffiti que quedaron colgados nos corredores do centro. Ademais durante toda a mañá do día 24 os alumnos baixaron á biblioteca coas súas profesoras de galego e recitaron poemas ante os seus compañeiros/as.
O centro quere converter esta data nun día de celebración todos os anos e por iso se sumou á chamada da AELG para facer visible a figura de Rosalía nos centros de ensino.”
Arquivo da categoría: Literatura e ensino
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXVIII)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES de Chapela de Redondela, do seguinte xeito:
“O EDLG do IES de Chapela sumouse á iniciativa do Graffiti Rosalía: a fenda nos muros. Acordaron facer un recitado colectivo, coa participación de representantes de todos os cursos, profesorado, persoal non docente e nais e pais. Ademais, alumnado de 3º da ESO deseñou un mural.
Choveu e choveu durante xaneiro e febreiro e resultou imposible inaugurar o mural o día de Rosalía. Finalmente foi o 10 de marzo o día da homenaxe. Este é o vídeo coa crónica da actividade.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXVII)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse
no CPI da Cañiza, do seguinte xeito:
“Dende a biblioteca queremos recordar a súa figura coa exposición do vestíbulo (guía didáctica) e cos marcapáxinas (deseñados por Xabier – Lingua Galega) que entregamos co préstamo.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXVI)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CEIP Os Casais, de Fene, do seguinte xeito:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CEIP Rosalía de Castro, de Carril, Vilagarcía, do seguinte xeito:
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXIV)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CEIP Rosalía de Castro, de Xinzo de Limia, do seguinte xeito:
“O día 24 de febreiro, despois de escoller e preparar uns versos de Rosalía, todo o alumnado do Centro e máis unha ex alumna artista adornamos desta maneira as paredes do noso patio. Moitas grazas a tod@s, especialmente a Alicia.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXIII)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no CPI Conde de Fenosa, de Ares, do seguinte xeito:
“O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía co gallo da conmemoración do seu nacemento e para lembrar a súa obra,os alumnos e alumnas de primaria realizaron unha lectura dos seus poemas. Aquí tedes o magnífico resultado. Tamén realizaron un precioso mural que decora o corredor das aulas.”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXII)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Pintor Colmeiro, de Silleda, do seguinte xeito:
“Nós reinventamos a chamada da AELG e Bernardo e as súas mozas de plástica pasaron horas de frío tecendo este mural. A intervención foi realizada nun muro que nos ofreceu o Concello, no patio da Casa da Cultura de Silleda. Non deixedes de visitalo!”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XXI)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no Colexio Compañía de María de Santiago de Compostela, do seguinte xeito:
“Convocados pola AELG, o día 24 de febreiro celebraron o día de Rosalía de Castro. Durante a semana anterior traballouse nas aulas a figura da nosa escritora máis sobranceira e, ese día, logo da lectura en común dunha escolma de poesías rosalianas, unha representación de cada aula, saíu adornar o colexio coa poesía de cores coa que a homenaxeamos..”
Día de Rosalía 2014 nos centros de ensino (XX)
O
Día de Rosalía 2014 celebrouse no IES Armando Cotarelo, de Vilagarcía, do seguinte xeito:
“Propuxémoslles a Abel, Gabriel, Carla, Alexia, Anás e Fran que escollesen un verso de Rosalía e o grafiteasen, con cadanseu estilo. Quedou isto, ben fermoso. Baseamonos na proposta da AELG.”




