Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (Olmos, 16-18, 1º) o vindeiro venres 25 de maio (13:00 horas) terá lugar a rolda de prensa de presentación da exposición Poemas pola memoria, que organiza a Marcha Mundial das Mulleres, en colaboración coa Comisión de Recuperación da Memoria Histórica e patrocinada pola Delegación provincial da Consellaría de cultura.
Trátase dunha exposición fotográfica de Manolo Graña acompañada por poemas que recollen a represión fascista en Galiza. A inauguración será o mesmo día ás 18:00 horas.
Arquivo da categoría: Exposicións
Inaugurada a «Expo Cadáver» en Ponferrada
A exposición sobre o “cadáver exquisito” promovido na rede por Igor Lugris foi inaugurada o sábado 31 na galería Dosmilvacas.arte de Ponferrada, adubada con música e recitado de poemas. Numerosos visitantes asistiron ao acto que foi recollido por varios medios de comunicación. Máis información no blogue do poeta Ovnis e isoglossas.
O CCG leva a Salvador de Bahía a mostra «Galicia, o sorriso de Daniel»
(ABC)
“”Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane”, na Fundación Luis Seoane
O próximo venres 23 de marzo, ás 20:00, terá lugar a inauguración da mostra “Itinerario do trazo. Debuxo e ilustración de Luis Seoane”. O proxecto é comisariado por Valeriano Bozal. (Fundación Luis Seoane)