Porto: 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil

Con motivo dos 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil que teñen lugar na Biblioteca Almeida Garret do Porto os días 14 e 15 de novembro, está prevista a inauguración da exposición O album galego (O libro ilustrado de 1997 a 2007). O acto terá lugar o venres día 14 ás 15:45 (hora portuguesa) na Biblioteca Almeida Garret do Porto (Rua D. Manuel II – Jardins do Palácio de Cristal).
(Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural – Consellaría de Cultura e Deporte)

A Coruña: Presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas

Xabier P. DocampoO xoves 13 de novembro, ás 20:00 na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, terá lugar a presentación do libro O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier Docampo e Xosé Cobas. Tamén será inaugurada unha exposición coas ilustracións de Xosé Cobas. (Biblioteca Pública Nodal Miguel González Garcés)

Vídeo: O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz, “Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil” 2008

«O xurado estivo composto por Margarita Salas, da Real Academia Española; Manuel González, pola Real Academia Galega; Xavier Etxaniz, pola Real Academia da Lingua Vasca; Cristina Minguillón, pola Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil; Remedios Morales, pola Conferencia de Rectores de Universidades Españolas; Marta Rivera de la Cruz, pola Asociación Colegial de Escritores; Rosario González, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España; María Menéndez, polo ministro de Cultura; Jordi Sierra i Fabra e Fernando Marías, autores galardoados en edicións anteriores. Actuaron como presidente o director xeral do Libro, Archivos y Bibliotecas, Rogelio Blanco, e como vicepresidenta a subdirectora xeral de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras, Mónica Fernández.» (Ministerio de Cultura)

Recomendamos a visualización dos vídeo-relatorios ofrecidos nas I Xornadas Virtuais de Literatura, organizadas pola AELG: Agustín Fernández Paz fala sobre os xérmolos das súas novelas; Ramón Nicolás fala sobre a obra de Agustín Fernández Paz.

O autor a ler Amor de agosto, do libro O único que queda é o amor:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-1767921422251875154&hl=es" width="300" height="245"/]

Entrevista realizada por Tati Mancebo:
[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=4859772255400527703&hl=es" width="300" height="245"/]

Entrevista realizada por Óscar Sánchez, unha vez realizada a presentación por Laura González Garcés (directora da Biblioteca Nodal d’ A Coruña Miguel González Garcés) e Manuel Bragado (director de Edicións Xerais):

[kml_flashembed movie="http://video.google.com/googleplayer.swf?docId=-6675543500150853542&hl=es" width="320" height="240"/]

Compostela: “Tardes coas aventuras de Paco Peco”

“Paco Peco Pequeneiro e o mundo do revés”, segundo título da colección, escrito por Xelís de Toro, e publicado por Sotelo Blanco Edicións, centra este venres e sábado as dúas sesións de “Tardes coas aventuras de Paco Peco”, campaña lúdico-didáctica que se celebrará en Area Central ata o vindeiro 29 de novembro.