En galego, castelán e inglés, foi presentado na Feira do libro de Boloña. (Vieiros)
Arquivo da categoría: Infantil e xuvenil
Presentación en Compostela de “Tartaruga”, de Xaquín Marín
A presentación do libro Tartaruga, de Xaquín Marín, terá lugar en Compostela o sábado 5 de maio ás 19,00 horas na carpa da Feira do libro (Paseo da Ferradura). Intervirán, ademais do autor, Carlos Silvar (deseñador e ilustrador) e Belén López Vázquez (Baía Edicións).
Presentación en Compostela d’ “Os sons da buguina”, de Carlos Labraña
A presentación do libro Os sons da buguina, de Carlos Labraña, terá lugar en Santiago o mércores día 2 de maio, ás 20:30 horas, na carpa da Feira do libro de Compostela (Paseo da Ferradura). Intervirán, ademais do autor, Ánxela Gracián (tradutora e escritora) e Xoán M. Pazos Castelo (Baía Edicións).
Fina Casalderrey acudirá á Galería Sargadelos de Ferrol
Na Galería Sargadelos de Ferrol (Rubalcava, 30-32), dentro dos encontros pertencentes á campaña “Educar para ler”, Fina Casalderrey falará da súa traxectoria profesional como escritora e, en concreto, do seu libro A lagoa das nenas mudas, editado por Xerais. O acto, que tamén contará coa presenza de Manuel Bragado, terá lugar o luns día 7 de maio de 12:00 a 13:30 horas.
Presentación de “Punver”, de Yolanda Castaño, en Ferrol
Ver nota anterior.
Presentación de “Punver”, de Yolanda Castaño
Ver nota anterior.
Presentación d’ “A saga de San Ferreol”, de Ramón Loureiro
No Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, o xoves 19 de abril ás 20:30 horas, terá lugar a presentación do libro A saga de San Ferreol, con texto de Ramón Loureiro e ilustracións de Francisco Pérez Porto. Intervirán: Ramón Loureiro, escritor; Francisco Pérez Porto, ilustrador; Manuel Sánchez Monge, bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol; José Manuel Couce Fraguela, concelleiro de Cultura; e Tucho Calvo, director editorial de Biblos.
IIIº Encontro de Creadores do Barbanza
En Rianxo, do 20 ao 22 de abril e baixo o epígrafe A cor dos soños, terá lugar o IIIº Encontro de Creadores do Barbanza coa intención de contribuír á reflexión sobre as relacións da literatura infantil coa ilustración e o ensino. O encontro incluirá a presentación d’ A voz do lago de Antón Riveiro Coello, Unha bruxa ben rara de Carlos Mosteiro e o libro colectivo A cor dos soños, obra colectiva na que participan 14 ilustradores relacionados co Barbanza. Participarán tamén no evento Xosé A. Neira Cruz, Rodrigo Chao, Pablo Otero “Peixe”, María Xesús Blanco, Xavier P. Docampo, Cristina Novoa, Xesús Santos Suárez e F. R. Lavandeira. Os actos finalizarán cun recital a cargo de Estívaliz Espinosa. (Barbantia)
Hoxe é o Día internacional da literatura infantil e xuvenil
Galería Sargadelos de Ferrol: «Educar para ler»
A Galería Sargadelos Ferrol informa de que comezan as actividades da campaña de animación á lectura «Educar para ler», con encontros entre alumnos de centros de ensino de Ferrolterra e os autores dos libros seleccionados polos propios centros educativos con motivo desta campaña.
O venres 27 de abril ás 17:30 horas contarán coa presenza de Yolanda Castaño e Eduardo Hermida, escritora e ilustrador do libro Punver. No acto os autores realizarán un obradoiro con música e dramatización da obra.