Con motivo do acto de conmemoración dos 125 anos do teatro galego terá lugar o luns día 13 de agosto, ás 12:30 horas na Praza do Humor da cidade d’ A Coruña, a apertura da xira 125 Anos de teatro galego e a colocación da placa que recordará a estrea d’ A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia. (Servizo de Creación e Difusión Cultural – A Coruña)
Arquivo da categoría: Institucións
Vigo terá unha biblioteca estatal
Ramón Villares en Uruguai e Arxentina
Nova entidade para defender os dereitos lingüísticos na administración do Estado
«O Consello de Ministros, a proposta do titular de Administracións Públicas, Jordi Sevilla, aprobou un Real Decreto polo que se crea o Consello das Linguas Oficiais na Administración Xeral do Estado e a Oficina para as Linguas Oficiais. É unha iniciativa destinada a asegurar que os cidadáns das comunidades autónomas con lingua oficial propia poidan exercer de xeito pleno o seu dereito a dirixirse á Administración Xeral do Estado en devandita lingua, nos termos que establecen as leis. Así, os cidadáns galegos poderán empregar o galego como vehículo de comunicación cos diferentes órganos da Administración central.» (Galicia-Hoxe.com)
Novas axudas para proxectos editoriais
«Un total de 185 proxectos editoriais recibirán financiamento da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución de axudas para a edición en lingua galega de materiais curriculares, para niveis non universitarios, así como a edición de material para a formación de adultos.» (Xornal.com)
As políticas culturais nas sete principais cidades galegas
«Dirixido polo sociólogo Xan Bouzada, este documento é unha análise cuantitativa e cualitativa moi polo miúdo das políticas culturais seguidas nas principais cidades galegas nos últimos anos, con enfoques de carácter global e con achegas particulares ás accións culturais de cada unha delas. Trátase, por tanto, dun documento de traballo que é resultado dun informe tecnicamente ben elaborado sobre a situación cultural destas cidades a principios do século XXI.» (culturagalega.org)
200.000 Euros para a producción de contidos dixitais interactivos
Presentación n’ A Coruña da exposición “Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego”
A exposición “Un país desde as táboas: 125 anos de teatro galego”será inaugurada o xoves 2 de agosto de 2007, ás 12:00 horas no Museo de Belas Artes da Coruña (Rúa Zalaeta, s/n). Intervirán D. Luís Bará Torres (Director Xeral de Creación e Difusión Cultural), Dª. Mª Xosé Bravo San José (Concelleira de Cultura e Museos Científicos) e D. Carlos Biscaínho Fernández (Comisario da exposición).
Isaac Díaz Pardo e Dionisio Pereira, premiados
«O intelectual Isaac Díaz Pardo declarou que a Medalla de Galiza que lle concedeu a Xunta supón un “fideicomiso” dos “ilustres galeguistas” que “loitaron” por Galiza “sobre todo no exilio” e, por iso, considerou a máxima distinción que outorga a Xunta, a “homenaxe nun vello” ás figuras que durante o século XX defenderon Galiza.» (GZnacion.com)
«A Fundación Alexandre Bóveda, vén de anunciar a entrega do seu premio
“Día da Galiza Mártir” á recuperación da memoria, ao historiador Dionisio Pereira. A fundación destaca o “labor investigador e divulgador da represión franquista” de Pereira, “dando a coñecer acontecementos, lugares e nomes que outros quixeron borrar de xeito violento da nosa lembranza, e promovendo a organización de actos de rehabilitación e reparación das vítimas da barbarie fascista”.» (GZnacion.com)