Xavier Queipo, vogal da Aelg para as relacións internacionais, infórmanos do proxecto “Escritores/as residentes”. Trátase dun mes de estadía ben nunha casa do campo, ben nun apartamento do centro de Bruxelas, coa idea de gozar dun lugar tranquilo para crear.
Por ser unha institución belga a que fai a selección dos/as candidatos/as, sería necesario coñecer unha das linguas do país. Podedes consultar as condicións de solicitude aquí. (Consello Directivo da Aelg)
Coa lexenda “Galiza nom se vende”, desde 4 de setembro Salvaterra acollerá unha nova edición do «Festival da Poesia no Condado». Ofrecerá, como acostuma, un amplo programa que inclúe pintura, fotografía, poesía visual, música e poesía. Entre os poetas do programa figuran Marica Campo, O Leo, Kiko Neves, Carlos Figueiras, Valentina Carro, María Lado, Xiana Arias, Pedro Casteleiro, Paco Souto, Concha Rousia, Cruz Martínez, Alberto Lema, Igor Lugrís, Lino Braxe, Chus Pato, Pilar Beiro, Núria Martínez Vernís (Països Cataláns), Limam Boicha (Saara) e Isaque Ferreira (Portugal). Vexa o programa na páxina da
A Universidade de Vigo organiza unha da campaña de explicación do Decreto 124/2007 titulada “Europa é plurilingüe, quen sabe galego sabe máis”. (