O anxo negro: clube de lectura virtual (25/03/2020), con Manuel Gago

Desde a AELG recollemos o vídeo co clube de lectura virtual arredor de O anxo negro,  con Manuel Gago, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Libros liberados por Baía Edicións

“En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe.
Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa.

Para 4-6 anos:
Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
O dragón comemedo, RuAn (texto e ilustracións). DESCARGA
.
Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

Para 7-8 anos:
A casa máis animada do mundo, de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). DESCARGA.
Esta é a historia dunha casa encantada habitada por seres especiais que nos regalan un conto para cada día do mes.
O tempo do revés, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Serán Ana e Aldara capaces de falarse se non teñen en conta que a Terra é redonda? Vaia lea! Un enredo divertido coa física da Terra como fondo.

Para 9-10 anos:
Boa sorte, de María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
Moko, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

Para maiores de 12 anos:
A herdanza do marqués, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.
Diario dunha noiteboa, de Jacobo González Outes. DESCARGA.
Novela negra ambientada en Compostela e no segredo dun grupo de estudantes da universidade que vai ser desvelado no diario do principal acusado da morte dunha moza.
Liliput, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.
A Coruña como pano de fondo nunha investigación xornalística, na que se nos presenta unha época onde todo se desenvolve como un espectáculo de monicreques e onde ninguén pode escapar ao seu destino.”

LIX 2020: Ánxela Gracián

Desde a AELG recollemos as lecturas de varios fragmentos de obras súas por parte de Ánxela Gracián.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora #CulturaNaRede #aculturasegue

Lecturas fantásticas para o confinamento

“En Urco Editora sempre pensamos que a apocalipse tería máis que ver con zombis, coches a reacción feitos de entullo, ou plans secretos para abandonar este mundo e colonizar os satélites dos xigantes gasosos.
Porén, como nos tocou vivir esta praga caracterizada polas longas horas de feche, queremos achegar un pequeno gran de area para que todas pasemos estes tempos escuros o mellor posíbel.
Por iso, en colaboración co departamento de deseño de Sacauntos Cooperativa Gráfica decidimos ir “liberando” algúns dos nosos textos máis senlleiros en forma de ebooks de balde que podedes descargar desde o noso web.
Polo momento están dispoñíbeis os seguintes dous:
“A cidade sen nome”, de H.P. Lovecraft, publicado no volume 1 da nosa Biblioteca Lovecraft.
http://urcoeditora.com/titulos/a-chamada-de-cthulhu-e-outros-contos-de-terror-cosmico/
“A pedra negra”, de Robert E. Howard, publicado no volume Relatos de terror sobrenatural.
http://urcoeditora.com/titulos/relatos-de-terror-sobrenatural-segunda-edicion/
Prestade atención ás redes sociais, pois iremos publicando máis a medida que pasen os días.
Como non, todos eles están publicados baixo licenzas libres que permiten a súa difusión e lectura. Daquela xa sabedes, sentídevos libres de espallalos pola rede de redes!”

Manuel Gago le o primeiro capítulo de O anxo negro

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Manuel Gago do primeiro capítulo de O anxo negro, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Beto Luaces le un fragmento de Vicus. Un lugar no mundo

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Beto Luaces dun fragmento de Vicus. Un lugar no mundo, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Cesáreo Sánchez Iglesias le dous poemas seus

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Cesáreo Sánchez Iglesias de dous textos seus, un aquí e outro, do seu libro As bolboretas do Mekong, no seu perfil en Twitter.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Milagre é crer, de Suso Díaz

Desde a AELG agradecemos enormemente a Suso Díaz o envío deste libro de poemas inédito, Milagre é crer, que pode lerse e descargarse no seu espazo na web da AELG, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.

Claudia Castro le un texto de Galicia, o país das marabillas

Desde a AELG recollemos a lectura que fai Claudia Castro dun fragmento de Galicia, o país das marabillas, aquí.

Rechiade e unídevos baixo cancelos comúns como #CorentenaLiteraria, #Euquedonacasa, #LerGalegoSempre, #Acasainfinita, #DescobreACulturaGalega, #CulturaGalegaCuradora, #CulturaNaRede e/ou #aculturasegue.