En castellano no hay problema (Xerais), de Carlos Callón, presentarase o venres 18 de xuño ás 20:30 horas no Museo Municipal Aller Ulloa de Lalín.
Arquivo da categoría: Lingua
Ferrol: proxección do documental Entre línguas
«O venres 11 de xuño ás 20:30 horas, no Auditorio do Ateneo Ferrolán, proxectarase o documental Entre Línguas. Este documental, ten directores e equipo integramente galegos e é un estudio filolóxico que mostra como en distintas zonas fronteirizas, nas que o portugués conflúe co español, estes entrelázanse e dan como resultado dialectos que son utilizados día a día pola poboación local e que son claramente similares ao galego que utilizamos actualmente en Galicia. (Ateneo Ferrolán)
Barco de Valdeorras: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón
A Coruña: presentación de Feijóo, o galego e nós
Feijóo insiste no bilingüismo na apertura da bienal do PEN Clube
A Associaçom Galega da Língua adapta a súa norma ao Acordo Ortográfico Portugués
O Fiadeiro de software libre da USC deu como resultado oito aplicacións traducidas á nosa lingua
Campaña “En galego tamén se fai ciencia” promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística
Xavier Alcalá from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.
Onte presentouse na sala de Consello de Goberno da Reitoría da Universidade da Coruña a campaña “En galego tamén se fai ciencia” promovida pola Comisión Interuniversitaria de Política Lingüística e integrada polas tres universidades galegas. Esta campaña, en que participan investigadores/as de prestixio de diferentes ámbitos científicos, ten como principais obxectivos avalar a validez da lingua galega tanto para a docencia como para a investigación e contribuír á desaparición de preconceptos sobre as linguas.Da súa realización encargáronse os gabinetes de recursos audiovisuais e os servizos e/ou áreas de normalización das tres universidades, baixo a coordinación xeral da Universidade da Coruña, que tamén ofreceu asesoramento gráfico e informático.
Máis información en En galego tamén se fai ciencia.
Marica Campo gaña o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo
O VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010, dotado con 1.200 euros e a publicación nos once medios de comunicación colaboradores, foi para o artigo «A procura do tesouro», da escritora lucense Marica Campo. O xurado tamén lle concedeu un accésit ao artigo «Por unha Galiza neofalante», de Marcos Abalde Covelo.
Ao certame presentáronse 39 traballos que, segundo o xurado, no seu conxunto «supoñen unha extraordinaria radiografía da visión sociolingüística do noso país».
Servizo de Normalización Lingüística
Concello de Carballo
Proxección do documental Entre linguas
A proxección de Entre Linguas (2010), de João Aveledo, Eduardo Maragoto e Vanessa Vila Verde terá lugar o mércores 26 de maio, ás 20:30 no Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MACUF, Avda. de Arteixo, 171). Presentará o documental Vanesa Vila Verde.
Ao longo da fronteira con Portugal existen cinco territorios que por diversas circunstancias históricas, e distintos feitos políticos, quedaron ao lado español da fronteira. Isto provocou que, nas provincias de Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz, certas aldeas, e ata concellos enteiros, conservasen uns dialectos que, a pesar da falta de contacto co resto de variantes galegoportuguesas, conserven un enorme parecido con estas e en particular co galego falado actualmente en Galicia. O contacto destas linguas co español estará sen dúbida por detrás deste fenómeno.
