Organizados polo Consello da Cultura Galega, os días 12 e 13 de febreiro celebraranse en Santiago de Compostela os XI edición dos Encontros para a Normalización Lingüística que teñen coma obxectivos “contribuír ao estudo, á reflexión e ao debate sobre a planificación lingüística en Galicia; constituír un punto de encontro, análise e debate para todos aqueles profesionais que desenvolven o seu labor nos diferentes servizos de normalización lingüística e servizos lingüísticos existentes en Galicia, e colaborar na formación continua de especialistas en planificación lingüística”. Os Encontros van dirixidos principalmente a técnicos/as de normalización lingüística e a especialistas e estudosos/as do ámbito da planificación lingüística. A inscrición pode realizarse a través desta páxina web.
Arquivo da categoría: Lingua
Debate sobre as linguas menos estendidas
A A.C. O Galo leva a debate as conclusións que a Axencia Europea de Linguas Menos Estendidas tira da situación actual das linguas galega, catalana e vasca, contando para isto cos representantes máis significativos dos movementos sociais que promoven a normalización das suas respectivas linguas propias: Carlos Callón (presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, presidente do Comité do Estado da Axencia Europea das Linguas Menos Estendidas), Mikel Etxebarria (membro da Dirección Europea da Axencia Europea das Linguas Menos Estendidas), Maria Arenys (Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions), Iulen Orbiola (Euskara Kultur Elkargoa, de Navarra).
será o martes 16 ás 20:00. Organiza: Fundación Via Galego.
A Coruña: lanzamento do libro As Tribos Calaicas: Proto-História da Galiza à luz dos dados linguísticos, de Higínio Martins Estêvez
O 18 de decembro de 2008, ás 20:30 na Livraria Couceiro (Praça do Livro, Enrique Dequit, 12), O Facho convida ao lanzamento do libro As Tribos Calaicas: Proto-História da Galiza à luz dos dados linguísticos, do profesor doutor e académico Higinio Martins Estêvez.
Rianxo: IX Seminario Internacional de Lingua(s), Tradución e Poética
O IX Seminario internacional de lingua(s), tradución e poética (eidos poéticos na lingua e pensamento) terá lugar do 26 ao 29 de novembro de 2008 en Rianxo (A Coruña). Este seminario, convocado anualmente por AULIGA, con sede legal na Biblioteca América da Universidade de Santiago, celebra os seus encontros partindo de creadores das linguas galega, castelá e portuguesa, alén doutras especialmente convidadas, como nesta convocatoria a inglesa, representada polo poeta Richard Burns (Cambridge). Asemade favorece unha troca de experiencias literarias e ensaísticas entre escritores españois, galegos, portugueses ou doutras comunidades lingüísticas. Realízase ademáis un Obradoiro de Escritura, Tradución e Poética, asistido polos escritores, críticos e profesionais destas materias invitados especialmente ao Seminario. (AULIGA)
Compostela: Seminarios de linguaxe non sexista
Data límite de inscrición (gratuíta): 17 de novembro. O obxectivo principal destes seminarios é analizar a linguaxe sexista en diferentes ámbitos e facilitar recursos para evitar calquera tipo de discriminación por cuestión de sexo. Máis información na web do Consello da Xuventude de Galicia.
Nace unha asociación para erradicar os significados pexorativos do dicionario da Real Academia Española
Naceu en Compostela a “Asociación Cultural Garipano”, co propósito firme de «conseguir erradicar os significados incompletos e pexorativos que se poden observar sobre o termo “gallego” no dicionario da RAE (Real Academia Española). Segundo esta Academia, o termo “gallego” significa:
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia. U. t. c. s.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española. U. t. c. s.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica.libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.
Despois de moita investigación e tempo dedicados a contactar coas Academias de América do Sur, descubrimos que os significados de “tonto” e “tartamudo” son irreais tal e como os amosa a Academia. Cremos como asociación que níngunha comunidade de persoas merece ser abafallada en ningún lugar e moito menos nunha obra académica de tal “prestixio”. Por outra banda pedimos que a definición da lingua galega se realice como é debido tal e como fan no mesmo dicionario coa definición de línguas coma “Catalán” ou “Euskera” ou “Vasco”.
Ademais, cremos que no caso do galego tamén se debe indicar que é unha língua romance e que Galicia foi un Reino independente, como se fai referencia por exemplo co “Catalán”.
Ademais, cremos que esta definición debería establecerse nunha segunda ou como moito nunha terceira acepción e non nunha sétima como aparece até o momento.
Para conseguirmos estes propósitos, estamos realizando unha recollida de sinaturas masiva a través da nosa páxina web.» (Asociación Cultural Garipano)
Campaña en defensa da lingua e contra a violencia de xénero
Os servizos de normalización lingüística da Universidade da Coruña e do Concello da Coruña, xunto coa Área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, organizan unha campaña que ten por obxectivo o de vincular a defensa e promoción da lingua galega coa da loita contra a violencia exercida contra as mulleres, pois o abandono histórico da lingua por parte das mulleres pode e debe ser entendido como un tipo de violencia de xénero.
A campaña terá o seu acto principal o vindeiro 25 de novembro, Día da Non-Violencia contra as Mulleres, e consistirá nunha lectura pública dos textos que garden relación coa temática e sexan recibidos até a data.
Todas aquelas persoas interesadas en participaren poden facelo achegando o seu texto, inédito ou xa publicado, por correo electrónico ao enderezo snl@udc.es.
Máis información aquí.
Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña
(981 167 000; extensións: 1042, 1055, 1177)
A Coruña: Carlos Garrido Rodrigues falará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”
«A Agrupaçom Cultural “O Facho” de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras publicas e abertas do período 2008-09. O dia 22 de Outubro, quarta-feira (mércores), o Professor da U.V. Carlos Garrido Rodrigues falará dentro do Ciclo, Literatura e Naçom. A sua charla versará sobre “Léxico galego: ingenuidades, imposturas e escándalos”.»
A Coruña: V Xornadas sobre lingua e usos
O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Real Academia Galega, organiza as V Xornadas sobre Lingua e Usos que este ano versarán sobre a lingua galega e a docencia universitaria.
As xornadas terán lugar os días 12, 13 e 14 de novembro no Paraninfo da Reitoría e a elas están convidados, entre outros, membros do profesorado da UDC e membros dos equipos de goberno de universidades galegas e non galegas con responsabilidades no ámbito da docencia.
O prazo de inscrición remata o día 5 de novembro. Máis información en:
http://www.udc.es/snl
http://www.udc.es/snl/dinamiza_xorna.html
(Servizo de Normalización Lingüística – Universidade da Coruña)