Hoxe ás 20 horas na Fundación Caixa Galicia (no Cantón Grande) José Manuel Barbosa, conselleiro da Associaçom Galega da Língua, impartirá a conferencia O surgimento da língua galego-portuguesa no noroeste peninsular. O acto está organizado pola Agrupaçom Cultural O Facho. A entrada é libre até completar aforo.
Arquivo da categoría: Lusofonía
Mário Claudio recibe o Premio Fernando Namora
O escritor portugués Mário Cláudio recibiu antonte o Premio Fernando Namora/Estoril Sol, dotado con vinte e cinco mil euros, polo romance “Camilo Broca”, publicado pola editorial Dom Quixote. A cerimonia estivo presidida polo Presidente da República, Cavaco Silva. O presidente do xurado, Vasco Graça Moura, dixo de Mário que era “um dos melhores e mais escorreitos prosadores”. O escritor nacido en Porto xa obitvera anteriormente outros premios de prestixio, coma o Premio Pessoa en 2004 ou o Vergílio Ferreira en 2008. Máis información, no xornal Público
José Viale Moutinho será académico de honra da RAG
Compostela: Club de lectura virtual universitario Galicia-Norte de Portugal
Desde a Oficina Antena CEER do Colexio San Xerome (Praza do Obradoiros, s/n) convidan ao acto de presentación do Club de lectura virtual universitario Galicia-Norte de Portugal, da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia- Norte de Portugal (CEER), que terá lugar o vindeiro día 27 de novembro, ás 12:30h. no Salón de Actos do Instituto Xelmírez I, sito na rúa Poza de Bar s/n, en Santiago de Compostela.
O acto, presidido polo Excm. Magfco. Sr. D. Senén Barro Ameneiro, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela e Presidente da Fundación CEER, contará coa presenza dos escritores Rubén Ruibal, Premio Nacional de Literatura Dramática 2007, e Carlos Losada, coautores da obra Lume.
Este club de lectura virtual, créase como punto de encontro da comunidade universitaria galega e portuguesa do norte para o fomento da lectura en galego e portugués.
Comentarlle tamén que a iniciativa de celebrar o acto nun centro de ensinanza secundaria parte da idea de achegar o mundo universitario ao ensino secundario, primario e á comunidade galega e portuguesa en xeral, nesta caso concreto, mediante unha actividade de intercambio e promoción da literatura galega e portuguesa.
Porto: 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil
Con motivo dos 14º Encontros luso-galaico-franceses de literatura infantil e xuvenil que teñen lugar na Biblioteca Almeida Garret do Porto os días 14 e 15 de novembro, está prevista a inauguración da exposición O album galego (O libro ilustrado de 1997 a 2007). O acto terá lugar o venres día 14 ás 15:45 (hora portuguesa) na Biblioteca Almeida Garret do Porto (Rua D. Manuel II – Jardins do Palácio de Cristal).
(Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural – Consellaría de Cultura e Deporte)
Ignácio Loyola Brandão e Laurentino Gomes reciben o Jabuti
«O premio máis tradicional da literatura brasileira, con 50 anos de andaina, premiou na noite do 31 de outubro dous xornalistas nas dúas categorías máis destacadas do certame, mellor libro de ficción e de non ficción, respectivamente.» (A Nosa Terra)
Apresentada en Compostela a Academia Galega da Língua Portuguesa
XVI Xornadas Mar por Medio – Galiza e Portugal
«Portugal foi sempre para a Galiza e para o galeguismo unha especie de ferida aberta, de Galiza do sul que medra, sae ao mar e nos deita no espello dos séculos a imaxe do que puidemos ser nas reviravoltas da historia.
Mais hoxe as cousas comezan a mudar. No galeguismo político e cultural avanza o pragmatismo e a ollada cultural mantense pero tamén dá paso a novas realidades: o espazo da euro-rexión que conformamos co norte de Portugal, as posibilidades económicas que abre para as empresas de ambas as beiras do Miño ou o achegamento real que supuxeron as novas insfraestruturas viarias son realidades ben máis actuais e interesantes do que os debates repetidos que rematan sempre en vía morta.
Mar por Medio quere ser, nese sentido, unha ferramenta útil na análise de en que medida o achegamento entre os nosos dous países é realmente posíbel no campo das industrias da cultura e da comunicación. Debatámolo, falémolo, marquemos prioridades… e despois, pasemos das palabras aos feitos. […]» (Mar por Medio)
XXII Festival de Poesía do Condado
«A que xa é a XXII edición do Festival de Poesía do Condado bota a andar en Salvaterra de Miño o próximo xoves 4. Este ano, o encontro preséntase como foro de achegamento ás reivindicacións populares e veciñais fronte aos intereses empresariais, co lema ‘Galiza non se vende’.[…]» (A Nosa Terra)