O venres 31 de outubro, ás 20,00 horas na Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) terá lugar a presentación do libro Renacer, de Xabier Paz. O acto, que contará coa participación de Juana Otero Gómez, Manuel Bragado e o autor.
Arquivo da categoría: Narrativa
A Coruña: presentación da novela Daniel e a Porta do Ceo, de Xabier Iglesias
O venres día 31, ás 20:30 na libraría Sisargas da Coruña (Curros Enríquez, 9), terá lugar a presentación da novela de Xabier Iglesias Daniel e a Porta do Ceo (Biblos Clube de Lectores). O acto contará coa asistencia do autor, que será presentado por Carmen Abella, profesora de lingua e literatura galegas.
Vigo: mesa redonda sobro a narrativa actual
No contexto do III Ciclo de conferencias Escritores/as na Universidade, e xa celebradas en días anteriores as mesas redondas sobre os xéneros poético e teatral, mañá xoves día 30 de outubro, ás 12:00 no salón de actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, celebrarase unha nova mesa redonda nesta ocasión sobre “O xénero narrativo na actualidade”. Con presentación de Gonzalo Navaza, intervirán na mesa Francisco Castro, Xosé Miranda e Rexina Vega.
Vigo: presentación de Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís
O próximo mércores 29 (adiántase pois un día con respecto á data anunciada), ás 20 horas na Libraría Librouro de Vigo, terá lugar a presentación da obra Balada de los mares del norte, de Urbano Lugrís. No acto no que participarán Olivia Rodríguez, XL Méndez Ferrín e Henrique Alvarellos. A actriz María Inés Cuadrado fará un recital dalgúns dos seus textos.
Vídeo: O libro das viaxes imaxinarias, de Xabier P. Docampo
“O libro das viaxes imaxinarias”, escrito por Xabier P. Docampo e ilustrado por Xosé Cobas, logo virá á luz en Edicións Xerais. Vía: blogue Días estranhos.
A antoloxía de narrativa Telling Stories from Galicia. Writers for a new Millennium foi presentada na Feira de Frankfurt
«Telling stories from Galicia é unha escolma en inglés de textos narrativos actuais editada pola Consellaría, co obxectivo de ofrecer unha panorámica ampla da narrativa galega presente. A profesora e crítica Dolores Vilavedra é a autora desta antoloxía na que aparecen anacos de textos de Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Xurxo Borrazás, Alfredo Conde, Agustín Fernández Paz, Xabier López López, Inma López Silva, Teresa Moure, Miguel Anxo Murado, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro.» (Consellaría de Cultura e Deporte)
Faleceu o poeta Ramiro Fonte
Este fin de semana coñecemos a infeliz noticia do pasamento de Ramiro Fonte. Pola exhaustividade na recollida, trasladamos a esta a axenda as referencias xurdidas na Rede e compiladas no blogue Brétemas por Manuel Bragado, a quen agradecemos o xesto:
- Ramón Loureiro: «Un creador para a eternidade», «Última entrevista», La Voz de Galicia.
- Ágatha de Santos: «Morre o poeta galego Ramiro Fonte», Faro de Vigo.
- A.R. López: «Unha icona da Xeración dos 80», «Adeus Norte», Galicia hoxe.
- Fran P. Lorenzo: «A poesía perde a Ramiro Fonte», El Correo Gallego.
- X. A. Perozo: «Ramiro», Galicia hoxe.
- La Opinión da Coruña.
- Daniel Salgado, «Fallece con 51 años el poeta Ramiro Fonte», El País de Galicia.
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Poeta máximo», La Voz de Galicia (edición impresa).
- Suso de Toro: Obituario, El País.
- Miguel García Posada: Obituario, ABC.
- Anxo Lugilde: Obituario, La Vanguardia (edición impresa).
- El Universal (México).
- O levantador de minas.
- Cabrafanada.
- Ferradura en tránsito.
- Lándoa: «Pepe Cáccamo escribe a Ramiro Fonte», «Traxectoria poética de Ramiro Fonte» e «Abrir lectores lendo».
- Antón Castro (Zaragoza).
- Miguel Anxo Fernán Vello: «Ramiro», Galicia hoxe.
- Galicia hoxe (13-10-2008).
(Brétemas)
Lugo: presentación de Para dicir abril, de Xosé Vázquez Pintor
O 3 de outubro, na libraría Trama de Lugo (galerías da Avenida d’ A Coruña) ás 20:00, terá lugar a presentación do libro Para dicir abril (Premio Vicente Risco de Creación Literaria 2007). Participan Ánxela Gracián (directora da Coleción Medusa-Narrativa de Sotelo Blanco) e o autor.
“Entre dous séculos”: III Encontro de Novos Escritores
Os días 26 e 27 deste mes terá lugar no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña), coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude e da Deputación da Coruña, o III Encontro de Escritores/as Novos/as. Dase así continuidade a esta actividade cuxa segunda edición tivo lugar en 2002. Á volta de seis anos é tempo de que, co lema Entre dous séculos, teñamos ocasión de revisar a creación máis nova do noso sistema literario, concretamente a daqueles/as autores/as que comezaron a publicar desde os noventa até o día de hoxe.
Entre dous séculos, polo tanto, é un xeito de situármonos. Un espazo dende o que dialogar, con voz propia, sobre os diferentes camiños que os novos creadores e creadoras van tomando na escena da nosa literatura.
Programa
Venres 26 de setembro 2008
12,30 horas. Presentación
No Museo de Belas Artes da Coruña (rúa Zalaeta s/n)
Interveñen: Rubén Cela (director xeral de Xuventude) Cesáreo Sánchez (presidente da AELG) e Antía Otero (vicepresidenta da AELG).
16,00-18,00 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título de “Cartografías literarias no novo século” interveñen: Oriana Méndez, Mario Regueira e Rubén Ruibal. Coordina María Xesús Nogueira.
18,30-20,30 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “Presenza e invisibilidade das/os escritores/as na sociedade actual” interveñen: Ana Acuña, Iolanda Aldrei e Samuel Solleiro. Coordinadora, Elvira Riveiro.
Sábado 27 de setembro 2008
9,45-11,45 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “A literatura. Internet e novas tecnoloxías” interveñen: Lara Bacelo, Leo Campos e Eduardo Estévez. Coordina Francisco Castro.
12,00-14,00 horas. Mesa
No Pazo de Mariñán
Baixo o título “Literatura, sociedade, nación” interveñen: Carlos Negro, María Reimóndez e Rafa Villar. Coordinadora, Marta Dacosta.
18,00 horas. Recital Poético
No Museo de Belas Artes (entrada de balde até completar aforo)
“Antes mort@s que solemnnes”: espazo onde amosar outras caras da palabra. Interveñen; María Lado, Lucía Aldado, Emma Couceiro, Celso Sanmartín, Estíbaliz Espinosa e O Leo.
Peche do Encontro con García (membro de Dios Ke Te Crew) cantando a Celso Emilio Ferreiro. Mantén Antía Otero.
(Gabinete de Comunicación Aelg – Tfno.: 660 530 525 – Correo-e.: prensa@aelg.org)
A Coruña: presentado o libro A Coruña á luz das letras
Tal como anunciamos, o 26 de agosto tivo lugar a presentación desta obra colectiva patrocinada polo Concello da Coruña con motivo do 800º aniversario da cidade. Participaron nela máis de sesenta socias e socios da AELG, algúns dos cales interviron desde a mesa. Aquí presentamos o vídeo que un dos socios gravou, así como outro máis sobre o dúo que acompañou musicalmente o evento, composto por Moncho do Orzán e Ricardo Morente.
[kml_flashembed movie="http://br.youtube.com/v/Nv5-Hk_mZHM" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
[kml_flashembed movie="http://br.youtube.com/v/nbx71QNFNPc" width="320" height="240" wmode="transparent" /]
(Vía O levantador de minas)