Lois Diéguez presenta “O canto do muecín” n’ A Coruña

O canto do muecín, novela de Lois Diéguez editada na colección “Central Literaria” de Edicións A Nosa Terra, presentarase na Coruña o día 14 de xuño ás 20:30 horas en “Portas Ártabras” (Rúa Sinagoga, 22). Participarán a profesora da Universidade da Coruña Pilar García Negro e o historiador Felipe-Senén. O acto pecharase cunha representación multimedia a cargo de Lino Braxe, Flor Maceiras, Isidoro Novo e Antón Fortes. Organizan o evento a A. C. Alexandre Bóveda e os Amigos dos Museos de Galicia.

Iª Festa da narración oral, en Arca – O Pino

A Iª Festa da Narración Oral celebrarase en Arca – O Pino (A Coruña) o sábado 7 de xullo de 2007. Está aberto o prazo de inscrición (consultar aquí). Na Festa haberá actividades de formación de educadores e educadoras (previa inscrición). Haberá tamén actividades abertas ao público de todas as idades, incluída a de contar contos (gratuíta, previa inscripción tamén).
Durante a xornada intervirán, entre outros/as: Carlos Blanco, Cándido Pazó, Miguel de Lira, Pepe Penabade, Paula Carballeira, Iolanda Aldrei, Pepa Yáñez, Xabier P. Docampo, Ugia Pedreira e o ilustrador Xosé Cobas.

Lois Diéguez presenta “O canto do muecín” n’A Coruña

O canto do muecín, novela de Lois Diéguez editada na colección Central Literaria de Edicións A Nosa Terra, presentarase na Coruña o día 14 de xuño ás 20:30 horas en “Portas Ártabras” (Rúa Sinagoga, 22). Desde as 18:30 horas o autor estará no mesmo lugar para a asinatura de libros. Organizan a A.C. Alexandre Bóveda e os Amigos dos Museos de Galicia.

Entrega de premios do concurso “Contos do Mediterráneo”

Dentro do programa do “IIº Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?”, na Biblioteca Francesca Bonnemaison de Barcelona (Sant Pere més Baix, 7) terán lugar un recital poético en homenaxe a María Mariño e a entrega de premios do concurso literario Contos no Mediterráneo, que contará coa presenza do escritor Diego Ameixeiras. Será o venres 25 de maio de 2007, ás 19 horas.