O día 16 de abril, ás 19:30 no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía de Santiago de Compostela terá lugar a presentación do número 31 da revista Dorna (2006/2007). A presentación consistirá nun recital poético-musical coa participación de Anxo Angueira, María do Cebreiro, Xiana Arias, Alberto Lema, Andrea Núñez, Lía Santiso e Manu Clavijo.
Con este número recupérase a traxectoria dunha das revistas máis importantes do panorama literario galego, que leva dende 1981 ofrecendo un lugar para a expresión de voces emerxentes xunto con outras longamente consagradas.
O presente número conta, entre outras, coas colaboracións de Anxo Angueira, Chus Pato, Darío Xohán Cabana, Elvira Riveiro, Fran Alonso, María do Cebreiro, María Lado, Marilar Aleixandre, Marta Dacosta ou Miro Villar, xunto con poetas que veñen de debutar hai pouco como Alberto Lema, Andrea Núñez, Rosa Enríquez ou Xiana Arias.
O número inclúe tamén unha antoloxía bilingüe do poeta vasco Kirmen Uribe e está ilustrado con obra fotográfica da artista Carmen Chacón.
Arquivo da categoría: Poesía
Helena de Carlos e Luis Rei Núñez vencen nos Premios da Crítica
(Vieiros)
Rectificación: “Estíbaliz Espinosa, novo talento europeo”
Pedimos desculpas pola rectificación que vimos de facer a respecto da noticia de referencia.
Presentación en Compostela de Profundidade de campo, de Yolanda Castaño
O próximo mércores día 2 de abril terá lugar a presentación en Compostela do último Premio Espiral Maior de Poesía. O Centro Galego de Arte Contemporánea albergará, a partir das 20h, unha velada multimedia arredor de Profundidade de campo, quinto poemario individual da compostelana Yolanda Castaño.
Presentación en Vigo de Hai Cu, do Leo
O venres 28 de marzo, ás 21:00 horas no Centro Social A Revolta (Rúa Real, 32, Zona Vella, Vigo), terá lugar a presentación de Hai Cu, libro de haikus en galego do Leo. Haberá cántigas, poemas, monólogo e petiscos ao remate.
Preséntase en Sarria De esparto e seda, de Xosé Antón Neira Cruz
A Concellaría de Cultura do Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos presentan o libro co que Xosé Antón Neira Cruz gañou a VII edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, titulado De esparto e seda.
O acto de presentación terá lugar o sábado 15 de marzo de 2007, ás 19:00 horas nos locais da Sociedade “La Unión” de Sarria. Participarán Xermán Arias, Concelleiro de Cultura do Concello de Sarria, María Casar, Presidenta da A.C. Ergueitos, Isidro Novo e Miguel Anxo Fernán-Vello, membros do xurado e o autor do libro galardoado, Xosé Antón Neira Cruz. Ao remate da acto literario actuará a violonchelista Cristina Nogueira. (A.C. Ergueitos – Sarria)
Presentación na Coruña de Amor deshabitado, de Ánxeles Penas
O día 13 de marzo, ás 20:00 horas na Fundación Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande, 21-24), terá lugar a presentación do poemario Amor deshabitado, de Ánxeles Penas. No acto intervirán Xavier Seoane, Teresa Seara, Miguel Anxo Fernán Vello e a autora. Tamén se ofrecerán unha lectura-recital a cargo da actriz Ánxela G. Abalo e unha actuación musical do violinista Mijail Moriatov.
presentación na Coruña do libro Sextinario: trinta e seis + tres, de Marica Campo
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza para o mércores 27 de febreiro a presentación na Coruña do libro Sextinario: trinta e seis + tres, de Marica Campo. Terá lugar a ás 20:30 horas no salón de actos da asociación (Olmos 16-18, 1º).
César Antonio Molina na Aula de Poesía de Culleredo
Inaugurado no Pazo de Vila Melania en Vilaboa (Culleredo, A Coruña) a única biblioteca temática sobre poesía que existe na Galiza, o próximo 25 de febreiro ás 17:30 o poeta César Antonio Molina fará a lectura de poemas dos seus poemarios Eume e Soños nos cantís. O acto será presentado por Miguel Anxo Fernán Vello.
Xulio López Valcárcel na Galería Sargadelos da Coruña
O martes 26 de febreiro, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Xulio López Valcárcel nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.