A galeria de arte Dosmilvacas. a r t e (Avda. de Astorga, nº 7 bajo, Ponferrada) inaugura este venres 15 de xuño ás 21:30 horas a mostra colectiva “alimentARTE. Encuentro artístico literario y gastronómico”. Participan nela preto de 30 artistas e ofrece unha visión ampla e diversa das relacións entre o mundo da arte, a literatura e a gastronomía.
Arquivo da categoría: Poesía
Ánxeles Penas na Galería Sargadelos d’ A Coruña
O martes 12 de xuño ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos d’ A Coruña (Rúa Real, 56), terá lugar unha nova edición do ciclo “Martes Literarios”. Nesta ocasión contarán con Ánxeles Penas, quen nos presentará o seu último poemario Perfís e poéticas (Bahía), ademais de ofrecerse para o coloquio cos asistentes ao acto.
Presentación n’A Coruña de “Atmosferas”, de Olga Patiño Nogueira
Atmosferas, de Olga Patiño Nogueira, presentarase no auditorio da Fundación Caixa Galicia d’A Coruña (Cantón Grande, 21-23) o próximo martes 12 de xuño ás 20:30 horas. A presentación do libro de poemas, que inclúe gravados do brigantino José Valentín, contará coa presenza de Celestino Poza, Carlos Pereira e Miguel Anxo Fernán-Vello, para alén da intervención musical do grupo Poesía de Cámara.
Exposición de Alfonso Costa sobre Níxer en Ferrol
Na Galería Sargadelos Ferrol vaise inaugurar a exposición de Alfonso Costa, con fotografías e gravados sobre Níxer. O acto terá lugar o xoves 7 de xuño, ás 20:00 horas. Presentará o acto o escritor Francisco X. Fernández Naval. Actuará o Grupo Ouriol, formado polos músicos: Fito Ares, Bernardo Martínez e a poetisa Eva Veiga. Tamén recitarán poemas sobre Níxer Alfonso Costa, Eva Veiga e Francisco X. Fernández Naval. A exposición permanecerá aberta ata o 29 de xuño.
Presentación en Viveiro de “Farrapos de nube”, de Xoán Neira
O mércores 6 de xuño, ás 20:30 horas, presentarase o libro Farrapos de nube, poemario infantil de Xoán Neira publicado por Baía Edicións. O acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro na aula de Caixa Galicia de Viveiro, contará coa intervención, ademais do autor, de Carlos Nuevo, Emilio Xosé Insua. Tamén será ofrecido un recital poético musical a cargo de nenas e nenos do Cep. Lois Tobío.
A primeira biblioteca especializada en poesía
“Levará o nome de Novoneyra e contará cos 4.000 volumes que doou o editor Miguel Anxo Fernán-Vello.” (Galicia Hoxe)
«No imo do tempo», novo libro de Xosé Lois García
A exposición “Poemas pola memoria” aínda poderá visitarse n’A Coruña
Hoxe, venres 1 de xuño, a exposición Poemas pola memoria estará aberta ao público na sala de exposicións do Antiguo Reino de Galiza, nos xardíns de San Carlos d’A Coruña. Permanerá aberta ao público durante todo o mes de xuño.
Presentación do libro colectivo “Dez por dez” en Compostela
O sábado 9 de xuño, ás 20:00 horas, presentarase o libro colectivo Dez por dez (Abrente Editora) no Centro Social Henriqueta Outeiro (Rúa Quiroga Palácios, 42, baixo, Compostela). Contarase coa participación da e dos autores: Artur Alonso Novelhe, Suso Bahamonde, Maria Lado, Igor Lugris, Kiko Neves, Carlos Quiroga, Baldo Ramos, Concha Rousia, Sechu Sende e Ramiro Vidal.
Presentación de “Haikús da Costa da Morte”, de Alfonso Armada e Antón Patiño
O venres 1 de xuño terá lugar ás 20:30 horas a presentación por parte de Juan Manuel Bonet do cartafol de gravados e poemas Haikús da Costa da morte, de Alfonso Armada e Antón Patiño, na Galería Antonio Machón (C/ Conde de Xiquena, 8, Madrid). O acto coincide coa mostra actual de Antón Patiño “Memoria líquida”, que se exhibe na Galería Antonio Machón até o día 7 de xuño de 2007.