O
martes 10 de maio, ás 18:00 h., na Biblioteca Nodal de Ourense (Rúa do Concello, 11), terá lugar un recital-presentación de Espindo un bico, de Celsa Barja. No acto participa, acompañando á autora, o cantautor Israel Eliaz.
Arquivo da categoría: Poesía
Small stations traduce ao inglés os poemas de Pereiro
(Xornal)
VENTO LOIS no Monte Xalo (Cerceda), o domingo 8 de maio
O
domingo 8 de maio ás 17:00 horas, no Petón do Monte Xalo (Cerceda), adianto do VENTO LOIS, organizado pola Asociación Cultural Lucerna, coa participación de Estibaliz Espinosa, Miguel Mato, Ramón Vilar e Samuel Paris, entre outros.
“‘O obxectivo ha ser sempre un Universo que se expande’, escribiu Lois Pereiro. Mais, por onde comezar a expandilo? Velaí a cuestión á que lle queremos poñer resposta desde a Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda.
O Vento Lois anda soprando con forza en todos os recunchos do país. Ao noso concello tamén chegou algo desa brisa e empurrounos a artellar un novo xeito para expandir o universo. O lugar escollido? O Monte Xalo, un deses espazos onde peta ben o vento e desde o que polinizar o aire con palabras xeitosas para contribuír á expansión do universo.
En que consistiría exactamente o acto? Apoiándonos no vendaval que percorrerá o mundo o vindeiro 12 de maio convocado pola seita loisista leremos o Manifesto Loisista no Petón do Monte Xalo. De seguido abrirase un recital para compartir coas persoas que asistan e cos grandes bolos graníticos do Xalo poemas de Lois Pereiro, textos propios, mensaxes a/sobre Lois… Logo, a música pechará o acto para impulsar as mensaxes lanzadas ao vento do Xalo, contribuíndo así á expansión do Universo…
A devandita expansión do universo será gravada para compartila o 12 de maio con todo o planeta.
Gustariamos de contar coa túa presenza nesta homenaxe para participar na lectura do manifesto e no posterior recital. Agardamos a túa presenza para conseguir unha expansión do Universo potente e duradeira.’
Santiago: actividades da fin de semana na Feira do Libro
Chega
ao seu fin a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do sábado 7 son as seguintes:
– 18:30 h. Actividade infantil. Contacontos. Actuación de Fátima.
– 19:00 h. Presentación do libro infantil ¿Qué me pasa, Ntumba? cuentos sobre enfermedades olvidadas, de Feli Ibáñez, publicado por Médicos Sin Fronteras.
– 19:00 h. Enrique Reyes asinará exemplares do seu libro La princesa que emigró, publicado por Éride Ediciones.
– 19:30 h. Sinatura do libro Caja negra, de Francisco Narla.
– 20:00 h. Charla coloquio de Javier Akerman: Terapias naturais, medicina alternativa. Ao remate do acto, o Dr. Akerman asinará exemplares dos seus libros.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
O domingo 8 finaliza a Feira, coas seguintes actividades:
– 18:00 h. Actividade para nenos. Obradoiro de marcapáxinas, impartido por Brétema Animación.
– 19:00 h. Presentación de Poemas no faiado, de varios autores. Colección de poemas lusófonos pensados especificamente para nenos, publicado por Imperdível. Participarán no acto Xosé Antón Serén e Xemma Fernández.
– 20:00 h. Presentación do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Dolores Vilavedra.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
– 21:30 h. Peche da Feira do Libro.
IV Encontro de Pintura e Poesía de Culleredo
O venres 6 de maio, de 10:00 a 20:00 horas, na Aula de Natureza do Xardín Botánico do Burgo (Culleredo), celébrase o IV Encontro de Pintura e Poesía de Culleredo, organizado pola Concelleria de Cultura do Concello de Culleredo, no que participan 50 artistas, poetas, pintores, escultores, acuarelistas e fotógrafos que traballarán sobre pintura e poesía. A xornada está dedicada á Pintura e poesía diante da situación social (cambio climático, revoltas sociais, guerras, abusos, desigualdades, maltrato, fame, etc.). De xeito individual e colectivo os artistas traballarán sobre un poema inedito coa temática anterior, feito para a ocasión polos recoñecidos poetas galegos: Miguel Anxo Fernán-Vello, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Eva Veiga, Dores Tembrás, Luz Campelo, Pablo Bouza, Diana Varela, Carlos Pereira, Olga Patiño e Lino Braxe. Os artistas plásticos participantes son: Alfonso Costa, Ali Ali, Antón Sobral, Pedro Bueno, Alfredo Erias, Emilio Celeiro, Luísa Valdés, Ramón Astray, Gosia Trebacz, Manuel Gandullo, Isabel Pintado, Manuel Suárez, Lola Beade, Óscar Cabana, Marta Pardo de Vera, Raúl Álvarez, Victoriano Fernández, María Martínez, Nito da Vila, Miguel Melero, Laureano Vidal, José Juncosa, Teresa Faginas, Begoña Tojo e Paco Ascón; os escultores Manuel Patinha, Francisco Escudero, Iria Rodríguez e Enrique Tenreiro; e os fotógrafos Luis Gabu e Fran Torrecilla.
Vilagarcía: IV edición da Mesa das Verbas
A Coruña: Cita a dous, encontro de danza e poesía con Rut Balbís e Dores Tembrás
O
mércores 4 de maio, ás 20:00 h., en Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, terá lugar o encontro entre dous creadores chegados de diferentes disciplinas artísticas, Cita a dous, a partir dun pequeno manual de instrucións, que pretende buscar un verdadeiro diálogo a partir do coñecemento artístico e persoal. Para iso a parella convidada, na que unha das partes convidadas pertencerá sempre ao mundo da literatura, contará cun tempo previo á data sinalada para bucear na obra do outro, para entrar nela e facela súa… permitindo que unha vez chegado o día da cita, non só xurda o encontro senón tamén o diálogo, o feedback e a experiencia compartida. Por iso as posibilidades son infinitas e cada proposta é un mundo. Esta primeira cita contará cunha parella formada pola danza e a poesía: Rut Balbís e Dores Tembrás porán voz, diálogo, proceso compartido, vivencias e experiencias a este encontro íntimo que busca, non só falar da obras finais que se mostran, senón da relación que estas teñen con outras artes e daqueles diálogos e procesos compartidos que, a maior parte das veces, quedan ocultos. Cita a dous está coordinado por Antía Otero.
Recital poético de María do Cebreiro na Universidade de Cantabria
Santiago: actividades do martes 3 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades do martes 3 son as seguintes:
– 18:00 h. Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
– 18:30 h. Presentación do libro O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, publicado por Xerais. Intervirán no acto Xurxo Souto e o autor.
– 19:00 h. A escritora Mª José Viñas Tobío asinará exemplares dos eu libro El planeta Dragón, publicado por Editorial La Plana.
– 20:00 h. Presentación do libro de Marga do Val, A cidade sen roupa ao sol (Premio da Crítica Española 2010), publicado por Espiral Maior. Participan no acto a propia autora, Anxos Sumai, Elias Torres Feijó e Miguel Anxo Fernán-Vello.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
Santiago: actividades do luns 2 na Feira do Libro
Continúa
a Feira do Libro de Santiago (no Paseo Central da Alameda) até o vindeiro domingo 8 de maio, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h., salvo no fin de semana, en que estará aberta de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h.
As actividades deste luns 2 son as seguintes:
– 18:00 h. Actividades para nenos. Contacontos a cargo de Brétema Animación.
– 19:00 h. Baía Edicións, presenta as obras gañadoras do Premio Barriga Verde 2010, nas modalidades infantil e adulto: Fábula galénica, de Inacio Vilariño e Pedra sobre pedra, de Xosé A. Neira Cruz. Xunto cos autores, intervirán Jorge Rei, da Asociación Barriga Verde e Belén López Vázquez, directora de Baía Edicións.
– 19:30 h. A poeta Eva Veiga asinará exemplares do libro A frecha azul do teixo, publicado por Edicións Espiral Maior.
– 20:00 h. O escritor Estevo Creus fará a presentación do seu libro de poemas visuais O libro dos cans, publicado por Franouren Edicións. Xunto co autor, participará no acto Manuel Ángel García, director da editorial.
– 21:15 h. Sorteo dun lote de libros.
