Para honrar a memoria e o labor periodístico do promotor da xeración de La Noche, Raimundo García Domínguez, “Borobó” (Pontecesures, 1916-Santiago de Compostela, 2003) a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela convoca o I Certame e Xornada sobre Periodismo de Opinión, co outorgamento dun premio a un artigo inédito. Bases.
Arquivo da categoría: Premios xornalismo: convocatorias
V Premio a artigos xornalísticos normalizadores
O Concello de Carballo, desde o seu Servizo de Normalización Lingüística e en colaboración con dez medios de comunicación escrita, convoca o V Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2009, cos obxectivos de promover a reflexión sobre a situación social da lingua galega e de crear espazos nos xornais para analizar e promocionar o uso do galego.
Os artigos xornalísticos de opinión presentados deberán ser inéditos, ter entre 2.500 e 3.500 caracteres e tratar algún tema relacionado coa defensa e promoción da lingua galega. O premio está dotado con 1.200 euros e a publicación do artigo nos dez medios colaboradores.O prazo de admisión de artigos está aberto até o 8 de maio de 2009. Poden descargar as bases neste enderezo (PDF, 1,16 MB)
II Premio de Xornalismo Literario
Até o 1 de marzo de 2008. Bases.
VI Certame xornalístico Dora Vázquez 2008
Antes do 15 de febreiro de 2008. As bases na web do Concello de Arteixo.
XXI Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego
Até o 10 de xaneiro de 2008. Convoca: Fundación Caixanova.
XV Premio Periodístico Puro Cora
Até o 30 de decembro de 2007. Convoca: Diario El Progreso.
V Premio de xornalismo Johán Carballeira
Até o 6 de novembro. Aquí as bases do premio. Máis información no 986 324 338 ou no correo electrónico cultura@bueu.org. (Concello de Bueu)
Vº Premio de Periodismo Moncho do Pío
Até o 11 de novembro de 2007. Convoca: Bodega Terras Bendaña. Información: 679 267 816.
Iº Premio Periodístico de Acotés
Até o 1 de outubro de 2007. Convoca: Acotés (Santiago de Compostela). Información: 981 580 791.
XLIXº Premio Fernández Latorre
Até o 25 de xuño para traballos xornalísticos publicados en cualquera medio de comunicación entre o 6 de maio do 2006 e o 6 de xuño de 2007. Bases.