Santiago: presentación de Camiño ao mar, de X. H. Rivadulla Corcón

Este martes 22 de xuño, ás 21:30 horas, presentarase o libro de X. H. Rivadulla Corcón, Camiño ao mar, no marco do I Encontro internacional sobre literatura de Viaxes (LITVI 2010). O acto terá lugar nunha carpa instalada no paseo central da Alameda, en Santiago de Compostela. A presentación correrá a cargo da escritora Anxos Sumai, e o autor dará un recital poético acompañado polo trompetista Franky Valencia.

Camiño ao mar de X. H. Rivadulla Corcón, é un poemario narrativo, no que un mariñeiro que vive de vagabundo en Compostela, atopa unha gaivota morta na Quintana dos Mortos, e este feito motívao para iniciar a viaxe de regreso ao seu mundo, o mar, coa intención de enterrar unha pluma desa gaivota nunha praia da Costa da Morte. A viaxe transcorre a través do Camiño Xacobeo de Santiago-Fisterra-Muxía. En realidade trátase dunha viaxe na procura da verdade interior do vagabundo.

O poemario está estruturado en cinco partes, compostas cada unha delas por un poema longo de 126 versos cada un. A primeira parte refírese a cidade de Compostela, e as outras catro aluden cada unha as catro etapas que tradicionalmente configuran a rota Xacobea a Fisterra e Muxía.

Santiago: presentación de Os Eidos. Libro del Caurel, de Uxío Novoneyra, en editoral Árdora

O martes 22 de xuño ás 20.00h no Salón de Actos do Hotel Araguaney, en Santiago, preséntase a edición bilingüe da editorial Ardora de Os eidos. Libro del Caurel, de Uxío Novoneyra. No acto participarán José Luis Gallero (editor), Lupe Gómez, Herminio Barreiro e Ignacio Castro.

Barco de Valdeorras: presentación de En castellano no hay problema, de Carlos Callón

En castellano no hay problema (Xerais), de Carlos Callón, presentarase o xoves 17 de xuño ás 20:00 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras. O acto contará coa participación de Susana Méndez (coordinadora da MESA en Valdeorras).