O vindeiro mércores 12 de maio, ás 20:00 na Biblioteca da Poesía “Uxío Novoneyra” de Vila Melania (Vilaboa, Culleredo),terá lugar a presentación do libro A distancia do lobo. Biografía sobre Uxío Novoneyra (Galaxia), de Antón Lopo. No transcurso do acto tomarán a palabra Celestino Poza Domínguez (concelleiro de Cultura) e o autor.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Cangas: presentación de Dragal, de Elena Gallego
Compostela: presentación de Xeografía real e mítica das augas de Galicia, de Gonzalo Xosé de Francisco da Rocha
Baía Edicións presenta o libro Xeografía real e mítica das augas de Galicia, de Gonzalo Xosé de Francisco da Rocha. O acto terá lugar o sábado 8 de maio, ás 20:00 horas, na carpa da Feira do Libro (Paseo da Ferradura) no que intervirán, ademais do autor, Manuel López Torrente (Profesor de Ciencias Sociais e Comunicación de Vigo e xornalista da CRTVG) e Patricia Gómez Uzal (Coordinadora editorial de Baía Edicións)”.
Compostela: presentación de (Retro)visor, de Antía Otero
A presentación do último poemario de Antía Otero, (RETRO)VISOR (Xerais), será dentro da Feira do Libro na Alameda de Compostela o día 5 ás 19:00. Partiparán Fran Alonso e Estevo Creus.
Culleredo: presentación da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas
O 5 de maio, ás 20:00 na Biblioteca “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), terá lugar a presentación do libro Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas. O acto, que contará coa participación de Celestino Poza Domínguez (concelleiro de Cultura de Culleredo), Manuel Bragado (director de Xerais), Xosé María Dobarro (coautor da edición) e Xosé Ramón Pena (coautor da edición).
Ourense: presentación de Incivil, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
A Editorial Toxosoutos e a Livraria Torga de Ourense teñen o pracer de convidalo á presentación do libro Incivil. Intervirán Xoán Carlos Domínguez Alberte (autor) e Delfín Caseiro (profesor e escritor). Será o mércores 5 de maio de 2010, ás 20:00 h. na Livraria Torga – Ourense.
Compostela: ¿Por que o cola-cao non está no dicionario?, de Noemí Álvarez, María Rey, Ernesto González Seoane e David González Couso
Compostela: presentación de A intervención, de Teresa Moure, e primeiro capítulo de balde
«[…] Empregando unha coidadísima técnica de múltiple perspectiva, nesta súa cuarta novela Teresa Moure reúne a cinco persoas para formar un comando artístico que ten como obxectivo argallar unha performance nas montañas do Courel que sensibilice á cidadanía sobre as relacións entre a arte e natureza. Mentres levan a cabo o seu escrupuloso plano, a chegada inesperada dunha nova personaxe, unha psiquiatra vienesa, obrígaos a rexistrar por escrito as súas actividades clandestinas. Desde a múltipla perspectiva que emana dos seus diarios, os membros do grupo van dando as súas respectivas versións, que conforman unha historia colectiva, e que conectan a paixón creativa co pasado remoto de cadaquén, coa súa infancia e cos seus medos máis agochados.
A intervención será presentada o vindeiro 4 de maio, martes, ás 20:00 horas na Feira do Libro de Santiago. No acto acompañarán á autora a académica e catedrática Margarita Ledo e o editor Manuel Bragado.
O primeiro capítulo desta magnífica novela pode baixarse en en pdf aquí.» (Blogue de Xerais)
Negreira: presentación do Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila
3C3 Editores, coa colaboración dos Departamentos de Galego e de Normalización Lingüística do IES Xulián Magariños de Negreira, organiza a presentación do libro Dicionario Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila. No acto intervirán María Rey Rey (xefa do departamento de Lingua Galega), Adelino Pose Reino (director do IES Xulián Magariños), X. Amancio Liñares Giraut (director editorial de 3C3) e a propia autora.
Será no Salón de Actos do IES Xulián Magariños o martes 4 de maio ás 16:20.