O
xoves 12 de xullo, ás 20:30 horas, na Librería O Fogar do Lecer (Praza da Cormelana) da Coruña, preséntase o libro Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho, publicado polos Cadernos Q de Vian.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vigo: presentación de O destino de Clarescura Lens, de Alfonso Álvarez Cáccamo
O
martes 10 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase a novela O destino de Clarescura Lens, de Alfonso Álvarez Cáccamo, publicado por Biblos. No acto, xunto ao autor, participa Marta Dacosta.
Vigo: presentación de Tinta, de Inma López Silva
O
mércores 11 de xullo, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, Inma López Silva presenta o seu novo libro de relatos, Tinta, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Carlos Lema e Xesús Alonso Montero. Reportaxe posterior en Galaxia.
Sabarís, Baiona: presentación de Iria, de Anxo Angueira
O
venres 6 de xullo, ás 20:00 horas, no Mercado Tia Ni en Sabarís-Baiona, preséntase a novela Iria, de Anxo Angueira, publicada en Xerais. No acto, organizado polo Club Marítimo Marisma da Ramallosa e a editora, participan Xosé Manuel Crego e o autor.
Vigo: actividades destacadas do venres 6 de xullo na Feira do Libro
Prosegue
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do venres 6 de xullo son:
– 20:00 h.: presentación de O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, publicado en Galaxia. Participa, xunto aos autores, Víctor F. Freixanes.
Bertamiráns, Ames: presentación de Contrapicados, de Mariña Pérez Rei
Vigo: actividades destacadas do mércores 4 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do mércores 4 de xullo son:
– Desde as 11:00 horas, durante todo o día, Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicada en Galaxia.
– 19:30 h.: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.
– 20:00 h.: presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de Atl , de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais, coa intervención de Manuel Bragado e o autor.
Santiago: presentación de Por aquí chégase a Galicia, de Xosé Chao Rego
Vigo: actividades destacadas do martes 3 de xullo na Feira do Libro
Prosegue
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do martes 3 de xullo son:
– 19:30 h.: Alfonso Armada asinará exemplares de Mar Atlántico. Diario dunha travesía, publicado en Alento.
– 20:00 h.: presentación de Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, publicada en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Carlos Lema e Manuel Forcadela.
– 21:00 h.: concerto-presentación do libro-disco Rapoemas, de Aid, publicado en Galaxia, coa presentación de Francisco Castro.
Vigo: actividades destacadas do luns 2 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do luns 2 de xullo son:
– 19:00 h.: presentación de Carné de identidade, de Mahmud Darwish, publicado en Barbantesa, traducido por Moncho Iglesias e Samar Sabat.
– 20:00 h.: presentación de En vías de extinción, de María Reimóndez, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Michael Skinner e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de A derrota de Galicia, de Antón Baamonde, tamén publicado en Xerais. No acto intervirán o autor e Manuel Bragado.

