O xoves 20, ás 20:30 horas n’ A Galería Sargadelos de Ferrol, terá lugar a presentación do libro do xornalista Bieito Rubido Política en galego dise pacto. As eleccións municipais do 2007 en Galicia, editado por Biblos. No acto intervirá Tucho Calvo, ademais do autor.
Arquivo da categoría: Sociedade
Cabo de ano Manuel María
O sábado 8 de setembro celebrarase o “Día de memoria e lealdade a Manuel María” (terceiro cabo de ano). Os actos previstos son os seguintes:
-
12:00 horas (no Muíño do Rañego de Vilalba): Celebración literaria en honra de Manuel María arredor dos Soños na gaiola (con motivo dos trinta anos da súa publicación en portugués). Mesa Redonda. Colocación proba recordo desta publicación no Paseo dos Soños (propoñen levar un soño para lelo alí).
-
14:00 horas: Xantar de irmandade no Restaurante Río Ladra de Gaioso (pregan confirmar asistencia nos tfnos 982372040 e 646 413890. Custa 17€ e debe facerse o ingreso na c.c. nº 0000100296 do Banco Pastor de Guitiriz).
-
18:00 horas: Recital de poemas de Manuel María en Penas de Rodas (propoñen levar un poema para recitar alí).
-
19:00 horas: Pregaria e ofrenda de flores no Cemiterio de Outeiro de Rei (pregan levar unha flor). De seguido no campo de Sta Isabel: Rito compartido: “A navalla de Manuel”. Recital de poesía e música: A Quenlla, Miro Casavella, Antón Valcarce e outras e outros.
Reclaman que o legado da diócese ferrolano-mindoniense sexa declarado Patrimonio Cultural Europeo
Escritores e artistas reclaman o recoñecemento do legado literario e arquitectónico de Ferrolterra e Mondoñedo. Por iniciativa de entidades como o colectivo Ao carón da lareira, que agrupa clubes de lectores de toda a bisbarra e que mantén estreitas relacións de colaboración con instituciones de Ferrolterra, da Terra Chá e de Mondoñedo, escritores, artistas e profesores de toda Galiza están unindo as súas forzas para lograr que o legado da diócese ferrolano-mindoniense sexa declarado Patrimonio Cultural Europeo.
Deficiente conexión a internet no ensino
«O sistema educativo galego presenta o peor índice de conexións á rede de todas as autonomías. Así, se no conxunto do Estado apenas quedan escolas e institutos sen conectar (menos do 2%) en Galiza o índice de centros sen acceso ao ciberespazo dispárase ata case o 12%.» (Vieiros)
Vigo terá unha biblioteca estatal
As políticas culturais nas sete principais cidades galegas
«Dirixido polo sociólogo Xan Bouzada, este documento é unha análise cuantitativa e cualitativa moi polo miúdo das políticas culturais seguidas nas principais cidades galegas nos últimos anos, con enfoques de carácter global e con achegas particulares ás accións culturais de cada unha delas. Trátase, por tanto, dun documento de traballo que é resultado dun informe tecnicamente ben elaborado sobre a situación cultural destas cidades a principios do século XXI.» (culturagalega.org)
Nova lei para a preservación do patrimonio galego no exterior
Nº 18 da revista “Foeminas”
“Xa está a disposición dos lector@s o número 18 da revista Foeminas, que este mes cumpre un ano na rede. Foeminas é editada pola Concellería de Muller e Servizos Sociais. Para consultala, só é preciso entrar na web municipal ou en http://foeminas.lugo.es”. (Foeminas)
Barcelona: actos da Diada de Galiza
O programa pode consultarse en Rede.cat e en Espazo Galego dos Països Catalans.
Preséntase en Ferrol “A lingua galega na cidade do século XX”, de Gabriel Rei Doval
Na Galería Sargadelos de Ferrol terá lugar a presentación do libro A lingua galega na cidade do século XX (Xerais), de Gabriel Rei Doval. No acto intervirá, ademais do autor, Fernando Ramallo, da Universidade de Vigo. Será o venres 20 ás 20:00 horas.