A Fundación Lydia Cacho e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela convídante á rolda de prensa en defensa da xornalista mexicana Lydia Cacho ante os Tribunais Internacionais e presentación da Fundación.
-Lugar: Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6 – baixo)
-Data: mércores 21 de xaneiro
-Hora: ás 19.30 h
-Conferenciantes: Luís Tosar, actor e cantante; Alicia Luna, Presidenta Executiva da Fundación Lydia Cacho; Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela; Xulia Campo, Presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC.
Despois do evento, farase un chamamento ós/ás asistentes para tomar uns viños todos/as xuntos/as.
· Concerto Solidario
-Lugar: Sala Nasa (R/San Lourenzo,51-53 B)
-Data: xoves, 22 de xaneiro
-Hora: 21.30 h
-Actuacións: The Homens; Kimuru; The Ellas; Víctor Coyote
-Presentado por Quico Cadaval
(Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela)

«O Gremio de Editores de Catalunya fixo entrega, no transcurso da XXIII Nit de l’Edició que se celebrou onte no Hotel Arts de Barcelona, os seus premios Atlàntida, que nesta ocasión recaeron no presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados; no xornal “El País”; no programa de TV2 “Página 2”; na publicación electrónica “Vilaweb”; e na xornalista e escritora galega 