María Reimóndez, Marta Dacosta e Marilar Aleixandre debaten en Xornal de Galicia

O convite ten algo de provocación e algo de traizón inocente. Protagonistas do segundo Café con Letras que Xornal de Galicia organiza coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega, as escritoras Marilar Aleixandre, María Reimóndez e Marta Dacosta veñen falar de literatura e de muller, de xénero, de discriminación, da dupla vara de medir que opera, tamén, no sistema literario propio. En realidade, veñen debater sobre todo iso para o que nunca se convoca aos homes. [Ler artigo completo]

A AELG e o “Xornal de Galicia” inician unha serie de conversas con escritores galegos

Cesáreo Sánchez Iglesias, María do Cebreiro e Leo F. Campos estrearon onte unha serie de conversas con escritores e escritoras do país, organizada por Xornal de Galicia en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na véspera do Día das Letras o primeiro encontro puxo a lingua enriba da mesa: o proceso de normalización, o modelo educativo, a relación co portugués, etc. A conversa completa poden lela aquí.

O blogomillo literario, artigo en Faro de Vigo

O blogomillo literario é o título dun artigo de Mar Mato no xornal Faro de Vigo que fala da actividade en Internet de varios membros da AELG e do recoñecemento que esta asociación lle outorga á creación na rede coa incorporación dun premio ao mellor blog literario nos seus galardóns anuais. Poden ler o artigo neste enderezo.

Dende a palabra, dende o corazón (Primeiras Andoliñas), de Marcos Valcárcel, será agasallo do xornal Galicia Hoxe este domingo


O próximo domingo, día 15 de febreiro, o xornal Galicia Hoxe agasallará os lectores e lectoras cun exemplar de Dende a palabra, dende o corazón (Primeiras Andoliñas), unha escolma do primeiro ano da sección de Marcos Valcárcel nese xornal (outubro 2003-outubro 2004), antes de que abrise o seu blogue. Son un total de 180 artigos de moi variada temática, enriquecidos cun fermoso e xeneroso limiar do amigo Afonso Vázquez-Monxardín. O exemplar pode ser reservado no quiosco.

Compostela: rolda de prensa en defensa da xornalista mexicana Lydia Cacho

A Fundación Lydia Cacho e a Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela convídante á rolda de prensa en defensa da xornalista mexicana Lydia Cacho ante os Tribunais Internacionais e presentación da Fundación.

-Lugar: Club Internacional de Prensa (Avda. da Coruña, 6 – baixo)
-Data: mércores 21 de xaneiro
-Hora: ás 19.30 h

-Conferenciantes: Luís Tosar, actor e cantante; Alicia Luna, Presidenta Executiva da Fundación Lydia Cacho; Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela; Xulia Campo, Presidenta da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC.

Despois do evento, farase un chamamento ós/ás asistentes para tomar uns viños todos/as xuntos/as.

· Concerto Solidario
-Lugar: Sala Nasa (R/San Lourenzo,51-53 B)
-Data: xoves, 22 de xaneiro
-Hora: 21.30 h
-Actuacións: The Homens; Kimuru; The Ellas; Víctor Coyote
-Presentado por Quico Cadaval

(Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela)

O Ateneo Ferrolán dispón da colección completa do diario El Correo Gallego (1878-2008)

A Fundación Barrié de la Maza fixo entrega ao Ateneo Ferrolán da colección microfilmada de El Correo Gallego correspondiente ao periodo comprendido dentre o 1 de agosto de 1878 e o 30 de abril de 1974.
Con esta entrega o Ateneo Ferrolán conta na súa biblioteca-hemeroteca a colección completa do diario El Correo Gallego para o seu uso público. Esta entrega enmárcase no proxecto de posta en valor da hemeroteca e biblioteca do Ateneo Ferrolán financiado pola Fundación Barrrié de la Maza. (Ateneo Ferrolán)

Ana Romaní recibe o premio dos editores cataláns á mellor xornalista de radio

Ana Roman�«O Gremio de Editores de Catalunya fixo entrega, no transcurso da XXIII Nit de l’Edició que se celebrou onte no Hotel Arts de Barcelona, os seus premios Atlàntida, que nesta ocasión recaeron no presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, e a Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados; no xornal “El País”; no programa de TV2 “Página 2”; na publicación electrónica “Vilaweb”; e na xornalista e escritora galega Ana Romaní, directora do programa “Diario Cultural” da Radio Galega. [..]» (AGE)

Presentación dos libros de X. Amancio Liñares Giraut en Santa Comba

O venres 30 de maio, ás 20:30 na Librería LER de Santa Comba, terá lugar a presentación dos libros de X. Amancio Liñares Giraut: Ramón Martínez López; Prensa e comarca. Medios de comunicación en Negreira. A Baña e Brión no século XX; Son para a «Unión Barcalesa de La Habana» (1907-2007); Ciudadanos españoles en el mundo. Situación actual y recorrido histórico.
No acto intervirán Xosé Deira Triñanes (alcalde de Boiro), Emilio Grandío Seoane (profesor de Hª Contemporánea na Universidade de Santiago), Xosé Manuel López Tuñas (presidente da Asociación «Alén Mar»), Ramón Villares Paz (presidente do Consello da Cultura Galega), Antonio Puentes Chao (director editorial de tresCtres), e o propio autor.