O xoves 10 de abril, ás 18:00 horas na libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, presentarase Para dicir abril (Sotelo Blanco), de Xosé Vázquez Pintor. Para alén do autor intervirá Ánxela Gracián (directora da colección Medusa Narrativa).
Premio “O barco de vapor” 2008
Até o 15 de abril de 2008. Máis información na web do Grupo SM.
Preséntase na Coruña Investigadoras galegas, de Iolanda Fernández Casal
O xoves 10 de abril, ás 20:30 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16-18, 1º), terá lugar a presentación do libro Investigadoras galegas, de Iolanda Fernández Casal. O libro recolle entrevistas con 50 investigadoras representativas da I+D de Galiza, e foi editado polo Grupo Correo Gallego, en colaboración co departamento de Educación da Xunta de Galiza.
Entrega do VIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño
«A entrega da 8ª edición do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, que nesta edición gañou a poeta Olalla Cociña, terá lugar ás 20:00 horas o venres 18 de abril no hotel NH Alfonso IX de Sarria.
Na entrega do premio intervirán, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Yolanda Castaño e Martín Veiga (xurados desta edición), Eduardo Valiña (artista plástico que cede a obra desta edición), o concelleiro de Cultura do Concello de Sarria, Xermán Arias, e María Casar (presidenta da A.C. Ergueitos). O mantedor do acto será X. A. Neira Cruz.
Ao rematar o acto haberá unha cea no mesmo hotel (o prezo das tarxetas é 25€ – 667429225). Nesta ocasión tamén nos sería moi grato poder terte neste acto que anova en cada edición o noso labor de manter viva a memoria do Fiz e de facer medrar a árbore da poesía cun novo poemario anainado na casa da Espiral Maior.» (A. C. ERGUEITOS)
Outorgan o Pedrón de Honra 2008 a Xosé Lois García
«Outórgase o Pedrón de Honra 2008 ao escritor Xosé Lois García polo seu labor como “divulgador da cultura galega e portuguesa en Cataluña” a través das colaboración xornalísticas e outras iniciativas como a creación dos Parques Rosalía e Castelao no concello barcelonés de Sant Andreu de la Barca.» (Galiciae)
Lingua de Amor 2008
O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IIª edición de Lingua de Amor, o concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.
Lingua de Amor ten como obxectivo principal dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, chats, foros…
Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina Lingua de amor e enviar unha declaración de amor en galego (máximo 350 caracteres). A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008.
Presentación na Coruña do filme Pradolongo
O martes 8 de abril, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña terá lugar a presentación da película Pradolongo, coa participación do director, IgnacioVilar e con algún dos actores e actrices, que comentaran os avatares da rodaxe a as expectativas da película.
Preséntase en Compostela O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández
O xoves 10 de abril, ás 20:00 horas na librería Follas Novas (Rúa Montero Ríos, 37, Santiago) será presentado o libro de teatro para nenos O rei Maragato estaba triste e tres pezas máis de Cipriano Fernández Fernández. No acto intervirán Antonio Puentes Chao -director editorial de 3C3- e o propio autor.
Xosé Mª Álvarez Cáccamo recibirá o premio Irmandade do Libro
Helena de Carlos e Luis Rei Núñez vencen nos Premios da Crítica
(Vieiros)