«O xeito de Freud é o título deste libro que o xurado do galardón convocado polo Concello de Bueu –Miro Villar, Antía Otero e Paco Souto– elixiron por unanimidade despois de caer engaiolados “pola solidez da súa construción” e a súa “complexa elaboración”, así como pola “riqueza que establece no diálogo intercultural e intertextual co discurso contemporáneo”.» (Galicia Hoxe)
X certame de narración curta Ánxel Fole
Até o 28 de decembro de 2007. Información.
XI Certame de poesía “Concello de Carral”
Antes do 15 de marzo de 2008. Bases.
Riveiro Coello finalista do Premio de Narrativa Europea Casino de Santiago
Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello, «compite con outros catro títulos, entre eles o premio Alfaguara Mira se eu che quererei, de Luís Leante, que se ambienta no Sáhara e mais en Barcelona. Os outros tres títulos son a Rolda nocturna, da inglesa Sarah Waters, cunha orixinal estrutura cronolóxica invertida, situada no Londres dos bombardeos nazis e narrada a través das voces de catro personaxes; O regreso, do alemán Bernhard Schlink, e A elegancia do ourizo, da francesa Muriel Barbery, unha historia de rancor social.» (A Nosa Terra)

María López Sánchez gaña o VII Premio Ramón Piñeiro
«A obra Paisaxe e nación: A creación discursiva do territorio, da que é autora María López Sánchez, resultou gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, que organizan a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia coa colaboración de Unión Fenosa.» (Galicia Hoxe)
II Certame de Recolla da Tradición Oral
Os presidentes da AELG e PEN Club de Galicia na mesa redonda “Escritores para un país”
«O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, e o presidente do PEN club de Galicia, Luís González Tosar, participan mañá [día 20] en Vigo -ás 19.30 horas, no Auditorio da Fundación Caixa Galicia- nunha mesa redonda sobre Escritores para un país, organizado por Editorial Galaxia dentro do ciclo As caras do libro. Onda eles estarán Enrique Ribadulla Conde, presidente da Asociación Galega de Guionistas e o escritor Gonzalo Navaza. Na mesa redonda actuará como moderador o escritor Fran Alonso.» (Galicia Hoxe)
Rivadulla Corcón publica O adeus do vello mariñeiro
«O adeus do vello mariñeiro, fala dunha historia de dúas persoas que simbolizan aqueles homes e mulleres do mar, loitadores das ondas, que forxaron unha cultura, un xeito de entender a vida, coas súas vivencias, a súa linguaxe, os seus fogares, as súas ferramentas, os seus labores. Henrique Rivadulla olla cara a ese mar que foi escrito e reescrito, reiterada e teimudamente, polos mariñeiros desde antigo, pola forza do seu traballo. Onda eles, foi pescar estes versos.» (Galicia Hoxe)
A Esmorga publicada en francés en homenaxe a Blanco Amor
Acto conmemorativo do centenario do himno
A Concellaría de Cultura da Coruña organiza o programa do acto conmemorativo do centenario do noso himno. Será o 20 de decembro ás 20:00 horas no Teatro Rosalía de Castro. Intervirán, entre outros, no acto Manuel Lourenzo e Manuel Ferreiro.

