Presentación n’ A Coruña do nº 8 da revista “Criterios”

O día 11 de xullo, mércores, terá lugar a presentación do número 8 da revista de pensamento Criterios no Paraninfo da Universidade da Coruña, ás 19:00 horas. No acto intervirán Antonio Campos Romay (Presidente da Fundación IEPS), Manuel Peralbo Uzquiano (Vicerrector de Calidade e Harmonización Europea, director da revista), un representante da Fundación Caixa Galicia, Carme Adán Vilamarín (Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia), e José María Barja Pérez (Rector Magnífico da Universidade da Coruña).

Presentacións de libros e outros actos n’ “Os venres da memoria” en Cuntis

cartaz-vitimas-republicanas.jpgA asociación O Meigallo e a Comisión pola Memoria Historica Sinhor Afránio (que integra colectivos do norte da provincia de Pontevedra) convocan en Cuntis “Os venres da memória”. Todas as actividades serán ás 21:00 horas na casa da Cultura Roberto Blanco Torres.
O 6 de xullo terá lugar a presentación de dous libros relacionados con Xoán Xesús González: a biografía de Marcos Seixo Galegos Na Historia (Ir Indo) e a edición póstuma da obra de teatro Felisa (XXG). Participará Matías Rodríguez (secretario do “Sinhor Afranio”), Marcos Seixo (autor da biografía e editor da obra de teatro), Bieito Ledo (presidente de edicións Ir Indo) e Carlos Loureiro (en representación de edicións Fervenza).
O día 13 haberá un acto titulado “O dereito a saber e a liberdade de investigar”. Participarán Marcos Seixo, Xosé Luís Santos Cabanas, e o historiador Dionísio Pereira.
O día 20 proxectarase un documental titulado A derradeira lección do mestre, que será presentado e comentado polo seu propio autor Xoán Carlos Garrido.
O día 17 clausuranse as xornadas cunha homenaxe aos represaliados de Cuntis e as súas familias. Intervirá Ana Vieitez, filla do que foi mestre republicano de Magán (Cuntis) Xosé Vieitez de Soto e presidenta de AFAR II REPÚBLICA (Asociación de familiares y amigos de los represaliados de la II República por el Franquismo), con sé en Madrid.

O Día das Letras Galegas será dedicado a Álvarez Blázquez

“O Plenario da Real Academia Galega, reunido onte [29 de xuño] en sesión ordinaria, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2008 ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915 – Vigo, 1985). Así mesmo, nomeouse Académico de Honra da Real Academia Galega a John Rutherford (Saint Albans, Inglaterra, 1941).” (El Correo Gallego)

O galego é a primeira lingua do estado cun corrector gramatical libre

“O Golfiño, aínda en versión beta, completa as aplicacións lingüísticas do paquete ofimático OpenOffice.org e permítelle ao seu procesador de textos detectar erros de sintaxe, estilo e concordancia, entre outras funcionalidades. Máis de 45.000 galegos contan xa co OpenOffice.org, posto á súa disposición a través da iniciativa de promoción do software libre da Consellería de Innovación e Industria, Mancomun.org.
O Golfiño é un prototipo, que se poñerá a disposición da comunidade para a súa continua mellora no espazo de desenvolvemento colaborativo de software libre do proxecto Mancomun.org, denominado A Forxa. Podedes descargalo para Windows, Mac OS ou GNU/Linux. Tamén está dispoñible un breve FAQ coas principais características do corrector.” (Mancomun.org)