Antes do 15 de outubro. Aquí as bases.
IVº Certame de narrativa “Rosa Reboredo”
Antes do 15 de outubro. Aquí as bases.
Vº Premio Rubia Barcia Cidade de Ferrol
Antes do 31 de xullo. Na web do Concello de Ferrol poden consultarse as bases.
XXXIII Certame literario do Concello de Vilalba
O prazo de admisión de orixinais remata o 21 de xullo. Na web do Concello poden consultarse as bases.
Andrés Pociña presenta en Compostela “Tecer con palabras”
A presentación do libro Tecer con palabras, de Andrés Pociña, terá lugar o 28 de xuño ás 20:00 horas no Salón de Actos Grupo Correo Gallego, en Santiago. (El Correo Gallego)
Premios de novela San Clemente: Reimóndez, Molina Fox e Murakami
“A novela gañadora en lingua galega é O club da calceta (Xerais). Era finalista con Spam , de Francisco Castro, e Tres segundos de memoria, de Diego Ameixeiras, e alzouse co premio por oito dos dez votos do xurado.” (La Voz de Galicia)
Lois Diéguez presenta en Ribadeo “O canto do muecín”
Será o 28 de xuño ás 21:00 horas na Casa das Letras de Ribadeo. Organizao acto a Asociación Cultural Francisco Lanza.
Lucía Aldao, María Lado e Suso Pensado recitarán n’ A Coruña
Habanera conmemorativa do centenario do Himno galego n’ A Estrada
O sábado 30 de xuño, ás 21 horas no Teatro Principal da Estrada, terá lugar a estrea da habanera galega Cen anos hai, conmemorativa do Centenario do Himno galego. A interpretación estará o cargo ao cargo da Coral Polifónica Estradense, que actuará acompañada da Agrupación Coral Pazo de Oca e da Coral do Centro Social da Estrada. O texto do libreto repartirase no acto xunto coa partitura. A organización quere lembrar o feito de que “a idea de compoñer unha habanera en galego xurdiu na mesma cidade da Habana, e precisamente no mesmo lugar onde tivera lugar a solemne estrea do Himno Galego.”
Presentación en Ourense d’ “Os escritores galegos ante a guerra civil española”, de Xesús Alonso Montero
O xoves día 28 de xuño, ás 20:15 horas no Salón Nobre do Liceo de Ourense, terá lugar o acto de presentación do libro Os escritores galegos ante a guerra civil española, de Xesús Alonso Montero. Intervirán no acto Marcos Valcárcel e o autor. (Liceo de Ourense)